CELEBRANDO O SAMÁIN

05 novembro 2015


Como o xoves 29 os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria ían de excursión toda a mañá e o venres 30 non tiñamos clase porque a Xunta declarouno Día do Ensino, tivemos que adiantar a festa do SAMAÍN para o mércores 28.

Ao igual que o ano pasado, contamos coa colaboración da ANPA para a realización dalgunhas das  actividades como o Túnel do Terror e o Taller de Maquillaxe.

A media mañá, comezamos a celebración. Organizamos seis talleres distintos de 20 minutos de duración, polos que tiñan que pasar todas as clases.

A nós tocounos empezar pola BIBLIOTECA. Alí, cos nosos compañeiros de quinto, as luces apagadas e as persianas baixadas vimos un curto que nos puxo os pelos de punta: A MEIGA CHUCHONA. O resto das clases viron curtos máis axeitados á súa idade como A BRUXA REGAÑADENTES, FIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS, SHREK CONTA HISTORIAS DE MEDO, ... Aquí vos deixamos a que vimos nós:



A continuación, fomos á AULA DE INGLÉS e aos corredores do lado para disfrutar dos xogos que nos tiña preparada a profe de inglés, Uxía : O popular xogo do vexo vexo con personaxes de medo (claro que era en inglés, I spy with my little eye ....), un xogo cunha grilanda con cabazas, pantasmas, ataúdes,... e tamén un labirinto. Pasámolo fenomenal.


O noso terceiro obradoiro foi .... O TÚNEL DO TERROR, organizado polas nais e pais no patio cuberto. Que medo pasamos alí dentro a escuras!!!!!!!!!


E despois de tan terrorífica experiencia, fomos á aula de Relixión onde nos agardaba ... UN TALLER DE MAQUILLAXE onde aprendimos a facer HORRIPILANTES CICATRICES.

Para descansar un pouquiño de tan terroríficas actividades, no XIMNASIO poidemos disfrutar de dous divertidos xogos; un xogo de bolos con forma de pantasmas e un xogo para construir unha cabaza coa axuda dun compañeiro. Que divertido!


E xa para rematar unha mañá tan completiña, na AULA DE INFORMÁTICA poidemos disfrutar de distintos xogos de Halloween e de Samaín, tanto nos ordenadores como na pizarra dixital.


QUE BEN O PASAMOS NA FESTA!!!!!!

0 comentarios: