GAÑAMOOOOOOOS!!!!!

08 xuño 2016

Sabedes que? O noso cole foi un dos tres colexios gañadores en España, dunha festa Kiwi polo noso traballo e participación no concurso "FRUTA UN BOTÍN SABROSO."

Así que o 19 de maio, recibimos a visita de Peter e dúas animadoras, que nos fixeron pasar un gran ratiño entretido con todos os xogos populares que traían e tamén disfrutar de todos os kiwis que quixemos. Foi sen dúbida algunha, unha gran e divertida festa. 

Clicade na imaxe para ver as fotos

Podedes ver todo o noso traballo, no BLOG e tamén neste xornal da clase que fixemos para o concurso:

1 comentarios:

Natalia Longo dixo...

Moitas felicidades! Sempre resulta agradable que nos recoñezan un traballo ben feito! Unha aperta!