CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DO PUNTO

15 setembro 2016

Imaxe orixinal de www.thedotclub.org

Hoxe celebramos o Día Internacional do Punto en compañía dos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro de educación primaria. Para os que non o saibades, este día celébrase en moitos países do mundo, arredor do 15 de setembro, co propósito de incentivar e fomentar a creatividade nos nosos alumnos/as utilizando como punto de partida o libro "El punto" de Peter Reynolds.

En primeiro lugar, como todavía non temos internet na clase nin nos funciona o proxector (esperemos que nolo amañen axiña), fomos á aula de informática e alí vimos un video de Beatriz Quintero sobre o libro:


Unha vez alí, como somos muy pouquiños, repartímoslles a cada neno e nena dúas cuartas partes dun círculo para que decorasen como máis lles gustase. Unímolos todos e ....

OLLADE QUE PRECIOSIDADE!!!!!!!!!


E xa para rematar porque o tempo non nos deu para máis, decoramos esta ficha de ColAR MIX que atopamos na páxina de FableVision e que podedes descargar clicando na imaxe:
Imaxe de FableVision

E unha vez feito isto, coa tablet da profe, entramos na aplicación, enfocamos coa cámara e cando a nosa ficha se puxo azul.... OS PUNTOS COBRARON VIDAAAAAAAA! Quedámonos tod@s abraiad@s!



Por facelo tan ben, ademais da nosa ficha, levamos para casa un diploma acreditativo deste día.

Versión en castelán do atopado en FableVisión

2 comentarios:

Botóns dixo...

Vese que todos/as o pasaron moi ben! Parabéns!

Ana Martinez dixo...

Graciñas. Foi un gran día. Un saúdo e boa finde.