BALONCESTO SOBRE RODAS


Se a semana pasada da man de Paula, empatizabamos coas persoas con discapacidade visual, onte día da Discapacidade, tocoulle o turno ás persoas con mobilidade reducida. Tivemos a gran sorte de contar no colexio con dúas persoas pertencentes á Federación Galega de Deporte Adaptado, que nos ensinaron a xogar ao Baloncesto sobre Rodas.
En primeiro lugar, estivemos observando como eran as cadeiras de rodas, atopando moitas diferencias coas que estamos acostumados a ver: a forma das rodas, o cinto, o respaldo que era moi pequeno, ... Aprendimos que estas diferencias eran para que fosen máis seguras, para que a cadeira poidese xirar sen problema, para coller a pelota, ...


E xa por fin, agrupados de dez en dez, dende segundo ata sexto, todos xogamos un minipartido de dez minutos de duración. Que difícil nos parecía ao principio pero unha vez que lle collimos o "tranquillo" todo foi sobre rodas e nunca mellor dito.

Nestas fotos podédesnos ver xogando:



E para que vexades que non era nada doado, tamén vos amosamos este video que gravamos:

btemplates