Amosando publicacións coa etiqueta PERMACULTURA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PERMACULTURA. Amosar todas as publicacións
0 comments

TRABALLANDO NOS NOSOS BANCAIS

 Hoxe voltamos ao horto, esta vez tocounos cos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro de primaria. A orde do día era preparar os nosos bancais. Algúns, quitamos as malas herbas e as botamos no corredor central, outros as levamos ata o composteiro e o resto encargámonos de regar. 



E a volta das vacacións de Nadal ... por fin plantaremos neles!!!!!

0 comments

PREPARANDO O HORTO

 O venres pasado, recibimos no cole a visita de Pablo Iglesias, un experto en cultivos ecosostibles que xa nos acompañou o curso anterior, para axudarnos a poñer en condicións o noso invernadoiro para este novo curso. E sabedes que? Hoxe, tocounos compartir o tempo de horto cos nosos compañeir@s de ciclo.

Durante preto dunha hora, recollimos follas e paus para poñer arredor do invernadoiro pola parte exterior para facer casiñas para os insectos de xeito natural, arrincamos malas herbas e tamén tivemos tempo para sementar.

Traballamos un montón!



0 comments

PERMACULTURA NO COLE

 A partir de agora, todos os meses, contaremos coa visita de Pablo Iglesias, un experto en cultivos ecosostibles para ensinarnos como traballar o noso horto escolar.

A nós, tocounos cos nenos e nenas de 5 anos. Todos xuntos recollimos e espallamos follas nos pasillos do invernadoiro. Despois, quitámoslles as malas herbas aos nosos bancais e plantamos unhas cebolas pequenas.