DÍA DA DISCAPACIDADE: A DISCAPACIDADE VISUAL

01 decembro 2015


O vindeiro xoves, 3 de decembro celébrase o Día da Discapacidade. Este día foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co propósito de fomentar unha maior integración na sociedade das persoas con discapacidades tanto físicas como económicas ou sociais, intentando desmoronar as barreiras que as arrodean.

Desde o cole, tamén queremos fomentar a integración das persoas con discapacidade e para iso o mellor é coñecer como é o día a día destas persoas, imaxinar como se senten, poñernos no seu lugar. Se o ano pasado fixemos unha xornada de convivencia con algúns alumnos e alumnas do CEE Terra de Ferrol este ano,  contamos coa visita da Paula, unha mestra da ONCE, que cargada coa súa maleta didáctica: "Coñecemos o Braille", veunos a facer un taller de iniciación sobre o mesmo. O obxectivo era que coñecésemos como se desenvolven as persoas con discapacidade visual na súa vida cotiá grazas ao uso do Braille e das novas tecnoloxías adaptadas. Ademais coñecimos materiais  adaptados a este sistema como contos, libros, cartas, xogos de mesa ... incluso poidemos tocar e utilizar unha máquina Perkins.

Comezamos vendo unha presentación de como os nenos e nenas con cegueira ou deficiencia visual se desenvolven nas súas clases:


Despois, Paula amosounos algúns dos materiais que tiña na súa maleta:


E continuamos co taller sobre Braille. Primeiro unhas pequeñas nocións sobre o tema:


E logo, Paula deunos un alfabeto Braille e unha folla escrita neste sistema para que tratásemos de descifrala. Que difícil!!!!!!!!


Menos mal que coa súa axuda, conseguimos descifrala. Ollade que frase máis bonita:


Xa para rematar fixemos uns pequenos experimentos con catro voluntarios. Cos ollos vendados tiñan que averiguar o obxecto, moverse pola clase coa axuda dun "guía", ...


Antes de irse, Paula deixounos a súa maleta no centro durante uns días para que todos nós poidamos ver con calma todos os materiais que ten dentro como ...


Foi unha visita moi instrutiva e interesante. Pero iso non é todo, o vindeiro xoves día 3, teremos outra  interesante visita relacionada coa discapacidade. Xa vos manteremos informados.

0 comentarios: