0 comments

DENDE O NOSO BLOG, DESEXÁMOSCHE...


Imaxe de http://imagenesbonitas.bosquedefantasias.com/

0 comments

FELICITACIÓN DE NADAL

Estes días, fixemos unhas fermosas "tarxetas deslizantes".  Estas tarxetas teñen "truco".

Cando están pechadas, vémolas así:


Pero se tiramos polos lazos, ...






Queredes saber como se fan? Aquí vos deixamos este titorial.


Ademais, queremos aproveitar para desexarvos...

Gráficos de Jessica do blog Bonitooh

0 comments

DECORACIÓN DE NADAL


Nada máis comezar decembro, comezamos tamén a nosa decoración nadaleira. Como podedes ver arriba, recuperamos o boneco de neve que marca os días que faltan para o Nadal, e colocámolo na porta da clase.

Despois, fixemos copos de neve e estreliñas verdes para crear a bonita árbore que está na nosa ventá:


Se clicades na imaxe accederedes ao PDF de KIZCLUB.COM para descargar as tres plantillas que utilizamos:


http://kizclub.com/craft/snowflakes.pdf

Continuamos facendo esta sinxela coroa que vimos na páxina de Krokotak:


Queredes saber como se fai?


Aquí nos tedes posando fachendosos coa nosa coroa:


E agora estamos a escribir a carta aos Reis Magos que nos visitarán o próximo día 21, ensaiando para o festival de Nadal e facendo unha tarxeta para levar a casa. 



0 comments

O CICLO DA AUGA


En ciencias sociais, no segundo tema, andamos a estudar o Ciclo da Auga. Para que nos quedase moi clariño, vimos este video de Happy Learning:


Y esta aplicación, coa que ademais de aprender practicamos:


(Estes dous recursos e máis, podédelos atopar na pestana de Ciencias Sociais da esquerda)

Ademais, fixemos  un  despregable que pegamos na libreta :

Montaxe feito en Collage   Idea orixinal sacada da Web do Maestro

E tamén esta roda que atopamos na mesma Web e que adaptamos ao galego:


Aquí vos deixamos as plantillas que utilizamos por se vos poden resultar útiles:

0 comments

CONCURSO: FROITA UN BOTÍN SABOROSO

Despois do ben que o pasamos o ano pasado no concurso "Froita un botín saboroso" dos kiwis Zespri, no que aprendimos as beneficios das froitas, disfrutamos facendo experimentos coas mesmas, inventando personaxes ,... e tamén como non, na gran festa Kiwi que gañamos pola nosa participación; este ano tamén decicidimos participar no concurso, esta vez acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro.

Na tarefa 1, que fixemos en dúas sesións, coñecimos a Nadia, Lucas, Manuel e Luísa, os catro representantes do concurso, que nos levarán ao mundo marabilloso da froita, a saúde e o exercicio e nos darán a posibilidade de gañar unha gran FESTA PICNIC para todo o cole.


Na primeira sesión, fomos ao ximnasio. Alí, penduradas das espaldeiras, había catro imaxes, cada unha, dunha personaxe. O obxectivo era acadalas e para iso, xogamos a un xogo baseado no "1,2,3 zapatiño inglés" só que nós dicíamos:

"1, 2, 3 picnic"

Aquí tedes algunhas fotos do ximnasio:


Na segunda sesión, na nosa clase, puxemos un fragmento visual, no que cada unha das personaxes se presentaba, dicía cal era a súa idade, o seu hobbi favorito,  o seu lugar favorito para facer un picnic e o que lle gustaba levar a el. Por exemplo:


Mentras viamos o fragmento, iamos cubrindo este cuestionario:


E como tod@s o fixemos estupendamente,dimos por rematada a TAREFA 1.

0 comments

MANUALIDADES DE OUTONO


Nas clases de plástica, además das láminas que xa vos ensinamos tamén estivemos a facer unhas preciosas follas e uns bufos para adornar a árbore que está na entrada do colexio.

As follas, fixémolas utilizando esta plantilla que atopamos na páxina PED-KOPILPA:
Imaxe de PED-KOPILPA

E estas instruccións que atopamos na mesma páxina:

Collage feito con BeFunky.com con imaxes de PED-KOPILPA


En canto aos bufos, fixémolos reciclando vellos CDs usados que había pola clase, con follas secas que recollimos na saída ás Fragas do Eume e con goma eva. Ollade que chulísimos nos quedaron:


Collages feitos con Photomontager

0 comments

FOLLAS DE OUTONO II

Na terceira lámina, traballamos as cores do outono, a simetría e a grafomotricidade. A profe repartiunos esta lámina coa metade de catro follas distintas:



Lámina atopada no SlideShare Outono de Cristina Moreira

Primeiro debuxamos a outra metade de cada folla a lápis e cando estivemos contentos co resultado, a repasamos a rotulador permanente negro.

A continuación pintámolas utilizando cores do outono: laranxa, marrón, amarelo, vermello, verde,...

Continuamos trazando cun rotulador da mesma cor da folla toda a silueta varias veces ata chegar ao borde do recadro.

Por último, recortamos as catro follas, pegámolas nunha lámina do bloc de debuxo na orde que quixemos e puxémoslle título.

Así de ben o fixemos:










NOTA:Falta a de Enma que subiremos proximamente para que vexades que ben lle saiu tamén.

0 comments

FOLLAS DE OUTONO I

Na segunda sesión de plástica, aprendimos cales eran as cores frías (azuis, verdes, morados,...) e as cores cálidas (amarelos, vermellos, laranxas,...) relacionándoas coa estación do outono.

Repartimos  entre todos catro modelos distintos de follas que atopamos na páxina de Itsy Bitsy Fun e que podedes descargar gratuitamente dende a súa páxina ou clicando na imaxe de abaixo:

Imaxes de Itsy Bitsy Fun

A consigna foi pintar cada unha das zonas delimitadas de dentro da folla con cores cálidas e as de fóra, con cores frías.

E así foi como nos quedaron:






A que nos quedaron moi vistosas e coloridas?

Na próxima entrada, amosarémosvos cal foi a nosa terceira lámina de plástica, tamén relacionada co outono.



0 comments

TRABALLANDO OS DEREITOS DOS NEN@S


Como a maioría xa sabedes, todos os anos, o 20 de novembro, celébrase o Día Universal do Nen@. Como nos din en UNICEF, "é un día para chamar a atención sobre a situación dos nen@s máis desfavorecidos e dar a coñecer os dereitos da infancia lembrándoos que todos os nen@s teñen dereito á saúde, á educación e a protección, independentemente do lugar do mundo no que naceran".

Na clase, estivemos vendo cales eran eses dereitos e entre todos montamos un gran libro acordeón no que reflexamos algúns deles. Sheila encargouse do Dereito a ter un fogar, Carmen do Dereito a ter unha familia, Aitana do Dereito a xogar, Yago do Dereito a vivir en paz, Adrián do Dereito a que nos queiran e nos protexan, Paz do Dereito á saúde, Alba do Dereito a ter un nome, Ainoa e Miguel do Dereito á educación e Enma do Dereito a expresarnos libremente.

Nestas fotos podedes velo máis polo miúdo:

A portada:


E as páxinas de dúas en dúas:




Esperamos que vos guste tanto como a nós.


0 comments

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O venres once de novembro, celebramos no cole a tradicional festa do Magosto. O día anterior, preparamos na clase estas bolsiñas onde gardar as castañas. A idea orixinal é do blog La classe de la maestra Valentina. Ollade como nos quedaron a nós:

Borde atopado no Blog Esos locos bajitos de infantil

A que nos quedaron moi xeitosiñas? 

Sobre as doce, saímos ao patio e alí poidemos degustar as ricas castañas asadas e os chourizos que asaron o profe Antonio e o noso conserxe Jorge. Moitas grazas aos dous. Tamén temos que darlle as grazas á nosa ANPA que foi a que unha vez máis, nos proporcionou as castañas de xeito gratuíto.

Afortunadamente o tempo acompañou e sabedes que?

PASÁMOLO FENOMENAL.


Collage feito con software de Hofmann