0 comments

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

Esta é a canción que imos aprender para cantar todos xuntos a vindeira semana:

1 comments

FOLLAS "POP ART"


Unha das actividades que fixemos en Plástica, no primeiro trimestre, foi facer follas ao estilo "Pop Art".

Primeiro aprendimos como se debuxan follas, grazas a esta imaxe que atopamos no blog  "TOTALLY TOTS":



Ollade, ollade:

Unha vez que xa tiñamos a nosa folla debuxada e repasada con rotulador negro, coa axuda dunha regra, debuxamos varias lineas dun extremo a outro da folla para dividila en distintas seccións:


Despois, en cada sección alternamos, cores lisas con debuxos de distintos patróns, tipo ...


ou outros que se nos ocurrisen.

Xa para rematar, algúns  soamente pintaron a folla:



E outros pintaron tanto a folla como o exterior:


GÚSTANVOS?

0 comments

FELIZ DÍA DE REIS!!!!!!


Con esta imaxe e este video, queremos desexarvos un Feliz Día de Reis para tod@s!



Aquí están as fotos da visita das súas Maxestades ao noso cole o día do Festival de Nadal. Podedes velas a maior  tamaño se clicades abaixo á dereita:



E para saber máis dos Reis Magos, deixámosvos esta infografía:


E tamén o modelo de carta que escribimos para os Reis Magos e que atopamos na páxina de recursos de Nadal da Coordinadora Galega de Equipas de Normalización Lingüística, con algunhas modificacións:





1 comments

GAÑADORAS DO CONCURSO DE LEMAS DE NADAL


As tres gañadoras (unha por ciclo) cos que se fixeron os calendarios para repartir a toda a comunidade educativa, foron os de:

- Emma de 1º de Educación Primaria:


- Inés de 4º de Educación Primaria:


- Blanca de 5º de Educación Primaria:


A nosa máis sinceira noraboa para as tres.

2 comments

ÁRBORE DE NADAL E CURTAS NADALEIRAS


Antes das vacacións, fixemos unha árbore de nadal utilizando tiras de folios de cores. Despois, todas xuntas , serviron para decorar a parede onde celebramos o noso festival de Nadal. Ollade que bonitas quedaron:


E xa que estamos de vacacións, por que non aproveitamos para ver estas preciosas curtas de Nadal que atopamos pola rede? Esperamos que disfrutedes coas mesmas.