0 comments

CALENDARIO MITÓLOXICO


Entre todas as clases , un ano máis fixemos, un calendario do novo ano, esta vez baseado nos seres mitolóxios galegos.

A nós tocounos facer dúas páxinas do mesmo: unha coa nosa personaxe "O Sacaúntos" e outra relacionadas coas "Lavandeiras da Noite".

Para que puidésemos participar todos na realización dos mesmos, fixemos dous grupos e volvimos a utilizar a técnica do folio xiratorio. Estes son os nosos debuxos:



E así de bonito quedou o calendario coas aportacións de todos:


0 comments

CHOCOLATADA E VISITA DE PAPA NOEL


O venres 20 de decembro, disfrutamos no cole dunha gran chocolatada organizada pola ANPA e tamén da visita de ...  PAPA NOEL!!!!!!!


Podedes ver máis fotos na galería da páxina web do cole:

3 comments

TARXETAS DE NADAL

Para felicitar ás nosas familias, este ano fixemos unas sinxelas tarxetas de nadal en 3D con cartolina negra e folios de cores que atopamos en internet e que adaptamos ao noso gusto.

Ollade que bonitas quedaron:


0 comments

PAPA NOEIS


Ademais da decoración que xa vos amosamos, nas clases de plástica fixemos estes divertidos Papa Noeis:


Para facelos, seguimos o titorial que atopamos na páxina  de KIDEAREA con algunas modificacións: goma eva para os detalles brancos e brazos e mans.

GÚSTANVOS?

0 comments

DECORACIÓN DE NADAL

Cando comezamos o mes de decembro, empezamos a decorar non só o centro senón tamén a nosa clase.

Comezamos poñendo nas ventas, unas sinxelas árbores de nadal con corazóns vermellos e rosas:


Que tamén aproveitamos para decorar a porta, xunto cuns copos de neve:


Tamén decoramos e pintamos una árbore para o escenario do festival de Nadal:


Ollade que bonito quedou o escenario coas árbores de todas as clases: