CINE E SAÚDE

17 xaneiro 2018

Un ano máis, os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria, participamos no programa CINE e SAÚDE, promovido pola Consellería de Benestar e Igualdade do Concello de Fene en colaboración co Concello de Neda. 
Trátase dun programa de ámbito escolar, de educación en valores para a prevención do consumo de alcol e outros trastornos aditivos e comportamentais a través dos medios audiovisuais e as TIC.
O programa consta da proxección de 3 películas (unha cada trimestre), a realización das correspondentes unidades didácticas (compostas dun manual para o profesorado e un caderno para o alumnado), actividades complementarias en internet e a posibilidade de facer un curso de formación optativo para o profesorado online.
Como eles mesmos din, é importante saber que a proxección das películas non é un fin en si mesmo, senón un medio para traballar as unidades didácticas.
A primeira película que vimos foi: "EL CORO". Este é o trailer oficial da película:


Estivemos todos moi atentos tanto á presentación do programa como á proxección da película:


E así traballamos colaborativamente sobre a mesma:

Collage feito con Photojoiner