0 comments

CAMPANADAS 2018

Despois da Carreira de San Silvestre, celebramos as Campanadas con gusanitos en vez de uvas. Como mestres de ceremonias tivemos nin máis nin menos que a ... RAMÓN GARCÍA e ANNE IGARTIBURU.


Este é o video da celebración:

0 comments

SAN SILVESTRE


O 20 de decembro celebramos no cole a I Carreira de San Silvestre. Nela participamos todos os alumnos/as, os mestres/as e as familias.

Para ver máis fotos da xornada, clicade na seguinte ligazón:

0 comments

VISITAMOS ALVEDRO


O pasado 14 de decembro, os alumnos e alumnas de quinto e sexto, acompañados dos nosos compañeir@s de 1ºe 2º visitamos o parque de bombeiros do aeroporto de Alvedro en A Coruña. Foi moi divertido e aprendimos moitas cousas.


Podedes ver máis fotos da saída na páxina web do cole ou clicando no enlace de abaixo:

0 comments

VISITAMOS O BELÉN

Pola mañá fomos ao Belén da Casa das Palmeiras en Neda, unha excursión organizada pola ANPA do centro. A nós tocounos ir no segundo turno xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de segundo, terceiro, cuarto e quinto.




0 comments

BRINQUEDOS NA CAPELA


Hoxe fomos de excursión ao colexio de A Capela para ver o seu museo de xoguetes tradicionais e xogar a distintos xogos populares.

Primeiro fixemos uns xoguiños de quecemento cos nosos anfitrións de terceiro e cuarto de educación primaria para romper o xeo como a cadea ou caldeiro (o xogo do stop). A continuación, dividímonos en seis grupos e fomos rotando polos distintos xogos:

- Tres en raia:


- A rá:
- Os zancos:
- O peón:
- Os aros:
- As lombas:

Pasámolo fenomenal!!!!!!!

1 comments

DÍA DA DISCAPACIDADE


Hoxe, día da discapacidade, tivemos a sorte de recibir no cole a visita de dúas persoas da Asociación de Xordos que nos realizaron un obradoiro con distintas actividades adaptadas aos distintos ciclos. Ensináronnos saúdos, números, nomes de cores, de animais, o alfabeto dactilóxico, aprendimos a dicir o noso nome... incluso fixemos unha sopa de letras!!!!!!


Aquí vos deixamos o alfabeto:


1 comments

CINENSINO: "LA CHICA DORMIDA"


O venres viño a pedagoga do Concello de Fene, Mª José, para presentarnos a primeira proxección da película deste curso do programa de CINENSINO. Titulábase "La chica dormida" e entre outros temas trataba da pubertade e o  acoso. A pesar de que era en inglés e que era subtitulada ao castelán, non nos resultou pesada para nada, ao contrario, gustounos moitísimo.

Aquí vos deixamos un tráiler da película: