ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

31 xaneiro 2019


Onte celebramos no colexio o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Ao longo da semana, entre todas as clases fixemos o ABECEDARIO DA PAZ, con palabras, debuxos e as nosas fotografías facendo ACROSPORT. Ollade:


E o 30, comezamos co noso tradicional programa de radio con poemas, cancións e moitas cousiñas máis relacinadas coa paz:



Despois do recreo, xuntámonos todos no patio cuberto e alí cantamos e bailamos a Danza da Paz de Mamá Cabra:


A continuación no patio de arriba, soltamos unha parella de pombiñas brancas:



E xa para rematar, nós e os nosos compañeiros de quinto,organizamos coa axuda da profe Bea  uns fantásticos xogos populares cos que o pasamos moi pero que moi ben.


Podedes ver as fotos da celebración na galería de fotos da nosa páxina web:

COÑECENDO A NELSON MANDELA

28 xaneiro 2019


Por mor da día da paz, na clase estivemos investigando sobre a figura de Nelson Mandela, un gran activista pola paz . Fixemos e gravamos a súa biografía para o programa de radio da día do día da paz,  cubrimos unha ficha "Se coñecese a Nelson Mandela ..." que atopamos  no blog COMPARTIENDO AULA :


 E tamén fixemos un mural que atopamos  no blog JUSTIFICA TU RESPUESTA:


OS PERIGOS DE INTERNET

21 xaneiro 2019


O pasado 18 de xaneiro, Jose, un cabo da Garda Civil, veu a darnos unha charla sobre os Riscos de Internet. Esta charla pertence ao Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos.

Durante preto dunha hora, Jose falounos dos perigos que podemos atopar cando usamos Internet sen seguridade, ensinounos como crear contrasinais seguras e que os principais perigos parten dos nosos seguidores e por iso, aconsellounos que nunca aceptásemos a ninguén que non coñecésemos en persoa. 

Durante a charla, vimos algúns videos como este:




Unha semana antes, tamén tivemos o taller "Desenrédate!Prevención das redes sociais" esta vez a cargo do Concello de Fene en colaboración co Concello de Neda co obxecto de ensinar aos nenos e nenas un uso sensato e responsable das redes sociais.

A MALETA DA IGUALDADE

16 xaneiro 2019


No mes de xaneiro chegou ao noso cole para quedarse durante un mes, a MALETA DA IGUALDADE cargadiña de libros para todos os cursos. De todos os que había, nós seleccionados estes para o terceiro ciclo:


E durante varios días na hora de ler limos todo o que nos deu tempo antes de pasarllos aos nosos compañeiros/as de quinto:

CALENDARIO 2019

13 xaneiro 2019


Como ven sendo habitual os últimos anos, entre todas as clases do cole fixemos un calendario relacionado co proxecto de centro que este ano xa vos dixemos en entradas anteriores vai sobre A ARTE.

Cada clase tiña que facer un ou dous debuxos sobre un pintor e como xa imaxinaredes, os de quinto e os de sexto de primaria, eleximos dous cadros de Leandro Lamas cada titoría. Este son os catro cadros que recreamos entre tod@s:



Ollade que preciosidade de calendario quedou cos debuxos de tod@s:


Tamén queremos compartir convosco este fermoso calendario que atopamos no Facebook de Leandro Lamas:

MANUALIDADES DE NADAL

05 xaneiro 2019

Estas son as manualidades que fixemos:

- Unhas bolas feitas con CDs reciclados:


- Uns portavelas con cartón ondulado:


- E uns adornos para pendurar da árbore de Nadal de goma eva:


Tamén coloreamos unhas árbores de Nadal nas que escribimos un desexo e utilizamos para decorar o escenario do festival de Nadal:



Estes son algúns dos nosos desexos:

AINOA: Felicidade e paz para tod@s.
YAGO: Que acabe a fame no mundo.
CARMEN: Que todas as persoas do mundo teñan un teito e alimento para vivir.
PAZ: Que todos vivamos en paz e harmonía.
MIGUEL: Que todos os nenos e nenas teñan un agasallo polo Nadal.
SHEILA: A felicidade para todo o mundo.
ENMA: Que todos sexamos iguais.
AITANA: Que en Nadal sexamos todos felices.
ALBA: A paz no mundo.
ADRIÁN: Que todos teñan un Feliz Nadal e Próspero Ano Novo e tamén que neve no Nadal.
KARLA: Que se atope a cura contra o cancro.

DECORACIÓN DE NADAL

03 xaneiro 2019

Faltábanos por ensinarvos como decoramos a clase polo Nadal. Así de fermosas lucían as nosas ventás e a nosa porta:






GÚSTANVOS?

FELIZ 2019!!!!!

01 xaneiro 2019


Todos os nenos e nenas de sexto, queremos desexarvos un Feliz Ano 2019 e para iso que mellor que con estas fermosas tarxetas que fixemos,  inspiradas no Apalpador de Leandro Lamas que como sabedes é o pintor que estamos traballando no proxecto de Arte deste ano. Aquí vos deixamos algunhas:


E para que coñezades algo máis sobre o Apalpador, deixámosvos este video con ilustracións e texto de Leandro Lamas e música e animación de Roberto Grandal: