0 comments

25N: VOANDO LIBRES


Hoxe participamos xunto co CEIP de San Isidro e o Instituto Fernando Esquío na Marcha pola Igualdade que un ano máis organizou o Concello de Neda.
A semana pasada, na clase coñecimos a historia das irmás Mirabal, tamén coñecidas como as "Irmás Bolboreta" e en honor a elas fixemos un gran mural en forma de bolboreta:











Algúns detalles do mural:






Uns broches de goma eva para levar hoxe:


E tamén unhas bolboretas de origami con frases e palabras alusivas:


Despois da andaina, fomos á Casa da Cultura. Alí celebrouse un fermoso acto , tomamos chocolate quente con bola e estampamos a nosa man escribindo ao lado o nome dunha víctima da Violencia de Xénero.







Neste video podedes ver a nosa actuación:

0 comments

APRENDEMOS A FACER UNHA CROMATOGRAFÍA


Cando aprendimos que as plantas fabrican o seu alimento a partir dun proceso chamado FOTOSÍNTESE, descubrimos que para poder facelo é necesaria unha substancia de cor verde chamada CLOROFILA. Así que decidimos facer un experimento: EXTRACIÓN DA CLOROFILA DUNHA FOLLA.


0 comments

A FOTOSÍNTESE

Seguindo co noso tema das plantas, ademais de aprender a clasificar follas, tamén descubrimos como fabrican o seu propio alimento a través da fotosíntese. Para iso fixemos e pegamos este esquema de Chris Kesler na libreta:



0 comments

COMO CLASIFICAR FOLLAS

Na clase estamos a estudar as plantas. Unha das prácticas que fixemos foi clasificar follas que trouxemos da casa seguindo esta ficha da Editorial Anaya:


Primeiro puxémonos por parellas. A uns tocounos como poden ser (simples ou compostas), a outros como pode ser o bordo (liso ou irregular), a outros como poden ser os nervios (paralelos ou ramificados) e ao último grupo como poden ser segundo a forma do limbo (de agulla, de escama, de ovo, de óvalo, de corazón, de fita, palmeada, de punta de lanza,...)


Aquí tedes o resultado da nosa clasificación que agora pendura da caixa das persianas da nosa clase:



0 comments

SAMAGOSTÍN 2


Ollade que terroríficos estabamos para celebrar o Samagostín:


Podedes ver algunhas fotos dos talleres que fixemos ese día clicando no enlace de abaixo: