DÍA DA PAZ

30 xaneiro 2020

Polo día da paz, os nenos e nenas de primaria decoramos unhas estrelas para facer un gran mural colectivo. Estas son as que decoramos os de quinto e os de sexto:



Así quedou o gran mural colectivo que fixemos:


E este é o mural  que fixeron os nenos e nenas de Educación Infantil:


Despois fomos ao patio cuberto e alí todos xuntos cantamos e bailamos a canción: "Bajo el mismo sol" de Álvaro Soler y Jennifer López, unha fermosa canción que fala de igualdade.


Se clicades na imaxe poderedes ver algunhas imaxes dese día:


Para rematar, os de quinto e sexto fomos á aula de informática e por parellas fixemos un BREAKOUT sobre os "Simbolos da paz" de Amalia P. Otero:

https://view.genial.ly/5c48a5a4a9e79373d7dfea23/interactive-content-breakout-paz

Ollade que concentrados estabamos:


E para finalizar debuxamos algúns dos símbolos da Paz que coñecemos na actividade anterior:



O UNIVERSO

27 xaneiro 2020


No tema 3 de sociais estudamos o Universo. Unha das actividades que fixemos foi aprender os planetas. A cada un de nós tocounos investigar sobre un planeta. Primeiro o debuxamos con acuarelas e despois buscamos información sobre se era un planta interior ou exterior,  sólido ou gasoso, o seu tamaño,  número de satélites e algunha peculiaridade.


Ollade que bonitos nos quedaron:


Tamén aprendimos como se suceden as eclipses lunares e solares e practicamos a facer eclipses con esta maqueta que fixemos:


VISITAMOS A CASA DAS CIENCIAS E O DOMUS

21 xaneiro 2020

Hoxe os nenos e nenas de  3º, 4º, 5º e 6º, tivemos unha excursión moi científica. Primeiro fomos á Casa das Ciencias e alí subimos ao planetario e aprendimos moitas cousas sobre o Universo, os planetas e as constelacións e despois fomos ao Domus, tamén coñecida como A Casa do Home, onde fixemos unhas actividades moi divertidas.

Podedes ver as fotos da xornada clicando na imaxe ou no enlace de debaixo:


CINENSINO: "Mía y el león blanco"

08 xaneiro 2020


Hoxe veu a pedagoga do Concello de Fene, Mª José, para presentarnos a primeira proxección da película deste curso do programa de CINENSINO. Titúlase "Mía y el león blanco" e trata da amizade e do coidado e respecto hacia os animais.



Aquí vos deixamos o tráiler oficial da película:

FELIZ NOITE DE REIS!!!!!

06 xaneiro 2020


O día do festival, recibimos a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente que viñan a buscar as nosas cartas e a comprobar que nos portabamos moi ben todos.

Ollade que contentímos estamos coas SSMM:

 
Podedes ver todas as fotos e descargalas na galería da páxina web do cole clicando no seguinte enlace:


MOI FELIZ DÍA DE REIS!!!!!!

FELIZ ANINOVO!!!!!!!

01 xaneiro 2020

Por segundo ano consecutivo, celebramos no colexio a Carreira de San Silvestre na que participamos ademais de todos os nenos e nenas do centro, os profes e as nosas familias.

Facendo clic na imaxe ou no link de debaixo, poderedes ver todas as fotos da xornada que son moitas:

SAN SILVESTRE 2019

Ao remate da mesma tomamos as 12 "uvas" mentras escoitabamos as badaladas. Os presentadores do evento:



Podedes ver todas as fotos das campanadas no seguinte enlace: