0 comments

DÍA DA MULLER

Polo día da Muller, cada clase escolleu unha muller célebre para facer un traballo sobre ela .Despois, colocáronse todos os traballos nas fiestras :



Nós escollemos a Amelia Earhart. Primeiro fomos á biblioteca a buscar información sobre a súa vida utilizando os libros do recanto temático:





Unha vez que atopamos a información, seleccionamos a máis importante e escribímolas nunhas nubes. E este é o noso traballo:

0 comments

ENCONTRO CON ANDREA MACEIRAS


Con motivo do club de lectura de 5º e 6º de Educación Primaria no que leron o libro "Conta nove estrelas", onte recibimos a visita da súa autora. Ela contounos algunhas curiosidades relacionadas coa obra e os rapaces aproveitaron para facerlle algunhas preguntas que lles xurdiron na lectura da mesma.