CARTAS DO PASADO

 

O ano pasado, a principios de curso, escribimos unha carta para nós mesmos no futuro. Podedes ver a entrada aquí: CARTAS PARA NÓS MESMOS. A idea era lelas a final de curso pero por mor da pandemia non puido ser.

Así que no primeiros días de curso limos as nosas cartas. Fíxonos moitísima ilusión porque xa non nos lembrabamos do que puxeramos.

Este ano, como é o noso derradeiro curso no cole, imos escribir a carta ao final e abrirémola ... que sabe quizais dentro de cinco ou dez anos.


btemplates