PREMIOS NOBEL DA PAZ
Rematamos a nosa investigación sobre os Premios da Paz. Movede o rato polas imaxes para descubrir todo o que aprendimos:
Por si queredes lelo ou escoitalo, tamén volo deixamos en forma de libro:
Rematamos a nosa investigación sobre os Premios da Paz. Movede o rato polas imaxes para descubrir todo o que aprendimos:
Etiquetas CURSO 2014/15, PAZ, PREMIOS NOBEL
Levamos xa uns días traballando na clase a Paz. Pensamos palabras relacionadas con ela como: Amizade, Xenerosidade, Unión, Harmonía, Compartir, Agradecer, Esperanza, Ilusión ... e fixemos un pequeno mural que titulamos: "PINTEMOS O MUNDO CON PALABRAS DE PAZ".
Etiquetas CURSO 2014/15, MURAIS, MURALES, PAZ
Estes días temos a sorte de contar no cole cunha fermosa exposición sobre o Río Belelle que puxo á nosa disposición a asociación Néboa Medio Ambiente. Como eles din na súa páxina, trátase dunha asociación ecoloxista que nace no ano 1996, no seo da entidade cultural Escola de Tempo e Aire Libre Néboa, coa idea de encauzar as inquietudes medio ambientais dalgúns socios posibilitando a súa actuación nesta dirección. Agrupa a xente como biólogos, inxeñeiros, técnicos medio ambientais, mestres, monitores e directores de tempo libre, ...
Etiquetas ASOCIACIÓN NÉBOA, CURSO 2014/15, EXPOSICIÓN, RÍO BELELLE, SAÍDAS
Xa hai máis dun mes que entramos nunha nova estación: O INVERNO. Nas clases de plástica estivemos a facer traballiños sobre el. Empezamos facendo unhas folerpas de neve para poñer nas ventás que pronto vos amosaremos e que fixemos seguindo estas plantillas:
Etiquetas CURSO 2014/15, INVERNO, PLÁSTICA
Empezamos vendo un video do conto: "O home de lume" :
Etiquetas CHARLAS, CURSO 2014/15, PREVENCIÓN INCENDIOS FORESTAIS
Antes das vacacións de Nadal, todo o colexio visitou grazas a ANPA que non só organizou senón que tamén sufragou os gastos da entrada , o Belén que dispuxo a Asociación de Veciños de Piñeiros con máis de setenta figuras con movemento nunha superficie de trinta metros cadrados. Como eramos moitos, nos dividimos en dous grupos. A nós tocounos ir con terceiro, cuarto e sexto. Pasámolo moi ben. Ollade, ollade,...
Etiquetas CURSO 2014/15, NADAL, NAVIDAD
Lembrades que antes das vacacións de Nadal vos ensinamos os slogans que inventamos e debuxamos para a biblioteca e vos dixemos que co que fose elexido faríase un calendario co que agasallar a toda a comunidade educativa?
Pois ben, eran todos tan bonitos que o xurado ao final elexiu tres slogans cos seus respectivos debuxos , un deles o da nosa compañeira Estela, para facer estes fermosos calendarios:
- MARTA de 4º de E.P.
Etiquetas ANIMACIÓN LECTORA, BIBLIOTECA, CURSO 2014/15, NADAL, NAVIDAD
Xa queda moi pouquiño para que chegue o ansiado Día de Reis. O día do festival tivemos a gran sorte de contar no cole coa súa visita. Viñeron a recoller as cartas que todos escribíramos uns días antes e ademais obsequiáronnos cun paquete de chuches.
Etiquetas CURSO 2014/15, DÍA DE REIS, NADAL, NAVIDAD, REIS MAGOS
|
0 | ||||||||||||||||||||
|