DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega promove desde 2010 a conmemoración o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro. Este ano, baixo o lema "Eu son Rosalía" nos convida a realizar actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicalo gravando en video unha frase que comezaría por.."Eu son Rosalía porque...."
Nós gravamos este video:
Fixemos un mural escribindo algunhas das súas poesías:
Tamén as ilustramos:
E rematamos cuns bonitos marcapáxinas:
Se queredes coñecer a vida e a obra de Rosalía de Castro, clicade nos seguintes recursos:
- Unidade didáctica de Cristina Corral Soilán (que é a que utilizamos nós):
- Libro Lim baseado no libro Rosalía editado pola fundación Rosalía de Castro e narrado por Sara Ferrín Pérez:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html
- Libro Lim do poema Parece unha Rosa:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html
Etiquetas CURSO 2014/15, DÍA DE ROSALÍA
QUEIMAMOS O MECO
Como a semana antes das vacacións de Entroido non poidemos quedar o Meco por mor da chuvia, aproveitamos que este xoves non chovía para facelo.
No recreo xuntámonos todos para disfrutar do espectáculo ainda que a máis de un dábanos moita mágoa ver como se queimaban Finn e Jake.
Etiquetas CURSO 2014/15, ENTROIDO
MÁSCARAS E OUTRAS ENTROIDADAS
Durante a semana do entroido, na clase estivemos a facer unhas máscaras de PELIQUEIROS.
Etiquetas CURSO 2014/15, ENTROIDADAS, ENTROIDO, MÁSCARAS, PELIQUEIROS
ASÍ CELEBRAMOS O ENTROIDO
O venres celebramos no cole a festa do Entroido por todo o alto. Ás once e media baixamos ao patio cuberto para facer o GRAN DESFILE DE ENTROIDO. O tema deste ano foron AS PROFESIÓNS e pola nosa pasarela desfilaron astronautas, doutores, veterinarios, mecánicos e moitísimos profesionais máis. o xurado o tivo realmente difícil para elexir un disfraz por clase e ademais os tres mellores disfraces de todo o cole. Aquí podedes ver algunhas fotos e os disfraces gañadores:
Despois subimos ao porche e alí poidemos degustar unhas riquísimas orellas e rosquillas que fixeron como non a nosa ANPA. Uhmmmmm, estaban boísimas! Aquí vos deixamos algunha fotiño máis deste día (se non vedes ben o video clicade na rodiña que hai abaixo á dereita e poñede calidade 480):
Etiquetas CURSO 2014/15, ENTROIDO
POR SAN VALENTÍN COMPARTIMOS O MAPA DO NOSO CORAZÓN
1º PASO: Buscar unha plantilla ou crear unha propia dun corazón e imprimir varias copias. A continuación dividilo en varios espacios. O corazón ten que ter un tamaño grande para ter suficiente espazo para escribir ou debuxar as nosas ideas.
2º PASO: Dámoslle a cada alumn@ unha folla de papel para que pensen e escriban nela cales son as persoas que realmente son importantes para eles, as cousas que máis queren, as actividades que lles gusta realizar e os lugares que lles gustan ou quererían visitar.
3º PASO: A continuación plasman o que escribiron, mediante palabras ou debuxos, na silueta do corazón. Pódese dar ou non orientacións á hora de facelo. No noso caso decidimos unha cor para cada un dos apartados: verde para as cousas que nos gustan, negro para as actividades, vermello para as persoas e azul para os lugares.
Así quedaron algúns dos nosos mapas do corazón:
Una vez que rematamos de facelo, pegámolo nun folio de cor, recortámolo e o dobramos convertíndoo nun sobre que pechamos cun corazón troquelado (se queredes saber como facelo clicade AQUÍ). Pola parte de diante, escribimos o nome do amigo ou amiga co que iamos compartir o noso corazón::
Etiquetas CURSO 2014/15, PROXECTO PALABRAS AZULES, SAN VALENTÍN
UN ÚLTIMO MANDADO DO MECO
Hoxe pasou algo rarísimo. Cando estabamos todos expectantes esperando a chegada de Finn e de Jake petaron á porta e ... OLLADE QUE COUSA MÁIS RARA :
O que entrou pola porta non era nin Finn nin Jake senón unha mestura dos dous. Que pasou? Pois nada máis e nada menos que o malvado mago Bufo, fixo das súas e coa súa variña máxica converteu a Finn e a Jake nunha soa persoa. Que podiamos facer nós?
A solución foi moi sinxela. Se queriamos que Finn e Jake volvesen ao seu aspecto normal tiñamos ... QUE FACER MOITO RUÍDOOOOOOOOO! e vaia se o fixemos:
Etiquetas CURSO 2014/15, ENTROIDO, ORDES DO MECO
E O MÉRCORES ...
Todos e todas viñemos así de guapos e guapas con algo colorido na nosa cabeza:
E isto é o que Finn nos dixo para o XOVES:
Etiquetas CURSO 2014/15, ENTROIDO, ORDES DO MECO
ORDES DO MECO II
Lembrades que onte Jake díxonos que tiñamos que vir todos con algo amarelo? Pois como somos moi mandadiños, así viñemos hoxe:
Etiquetas CURSO 2014/15, ENTROIDO, ORDES DO MECO
ENTROIDO 2015: ORDES DO MECO
Estes días, as mamás e papás do ANPA estiveron moi ocupadas preparando o meco para o Entroido 2015. Todos estabamos expectantes para ver con que nos ían sorprender esta vez e o que vimos non nos defraudou. O noso MECO este ano son .... FINN e o seu can JAKE da serie HORA DE AVENTURAS. Ollade que bonitiños lles quedaron:
Etiquetas CURSO 2014/15, ENTROIDO, MECO, ORDES DO MECO
APRENDEMOS SOBRE A RECICLAXE
A semana pasada, concretamente o xoves, tivemos a sorte de contar no cole, con dous profesionais de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) que viñeron a explicarnos por que debiamos de reciclar e a ensinarnos como facelo dentro da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor".
Durante a charla lembramos que a regra dos tres R: REDUCIR, REUSAR e RECICLAR; axúdanos de maneira importante a conservar os recursos naturais, a disminuír as emisións contaminantes, a aforrar enerxía e a evitar o desperdicio. Tamén lembramos en que colector temos que reciclar cada envase:
- COLECTORES AMARELOS: Envases de plástico (envoltorios de galletas, iogures, xeles de baño,...), metálicos (latas de conserva, botes de bebidas,...) e briks (de leite, de zume,...)
- IGLÚS VERDES: aquí se depositan os envases de vidro pero non as tapas nin os vasos que non son envases.
- COLECTORES AZUIS: son para o papel e os cartóns. Non serven as servilletas nin os panos da man porque teñen restos orgánicos e non se poden reciclar.
Estivemos todos moi atentos:
Se queredes seguir aprendendo, na páxina de SOGAMA podemos atopar xogos e outros recursos para fomentar o coidado do Medio Ambiente como:
Etiquetas CHARLAS, CURSO 2014/15, MEDIO AMBIENTE, RECICLAXE
MÁIS VALE TARDE QUE NUNCA: ACTUACIÓN DE NADAL
Como máis vale tarde que nunca, antes de meternos de cheo no Entroido, queremos compartir con todos vós a nosa actuación no festival de Nadal. Temos a disculpa de que por problemas técnicos (máis que nada os nervios da profe ja ja que lle xogaron unha mala pasada) se gravaron todas as actuacións do cole menos a nosa. Menos mal que a ANPA si que a gravou e cedeúnola hai uns días. Moitísimas grazas!!!!!!!
E xa sen máis, aquí nos podedes ver, na nosa actuación, xunto cos nosos compañeiros de sexto, coa panxoliña "HEAVY AND MERRY CHRISTMAS" incluida no CD, "Nuevos Villancicos del Mundo 3" de José Vives e que coñecimos grazas a MAESTROS UNIDOS POR LA MÚSICA.
Etiquetas CURSO 2014/15, NADAL
ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
O venres, ao igual que moitos colexios de España, celebramos o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Ao longo da semana cada neno e nena do centro estivo a facer un ladrillo(xa vos ensinamos os nosos nunha entrada anterior) para elaborar colectivamente un muro de Paz. E o venres, de forma simbólica, un representante de cada clase dende os máis peques aos máis grandes, pegou un ladrillo:

E continuamos reuníndonos todos no patio facendo un círculo, cos máis pequerrechos situados no medio facendo a palabra PAZ, para cantar todos xuntos unha adaptación da canción "ALL YOU NEED IS LOVE":
Ademais na clase...
- Pintamos unhas mandalas que atopamos na web de Orientación Andújar:
- Fixemos estas bonitas pombiñas que vimos no blogue de Patricia: FALANDO ENTÉNDESE A XENTE:
- E tamén uns bonitos debuxos sobre que é para nós a PAZ: