FELICITACIÓN DE NADAL
Estes días, fixemos unhas fermosas "tarxetas deslizantes". Estas tarxetas teñen "truco".
Cando están pechadas, vémolas así:
Pero se tiramos polos lazos, ...
Queredes saber como se fan? Aquí vos deixamos este titorial.
Etiquetas CURSO 2016/17, NADAL, NAVIDAD, TARXETAS
DECORACIÓN DE NADAL
E agora estamos a escribir a carta aos Reis Magos que nos visitarán o próximo día 21, ensaiando para o festival de Nadal e facendo unha tarxeta para levar a casa.
Etiquetas CURSO 2016/17, MANUALIDADES, NADAL
O CICLO DA AUGA
En ciencias sociais, no segundo tema, andamos a estudar o Ciclo da Auga. Para que nos quedase moi clariño, vimos este video de Happy Learning:
Etiquetas CICLO DA AUGA, CIENCIAS SOCIAIS, CURSO 2016/17
CONCURSO: FROITA UN BOTÍN SABOROSO
Despois do ben que o pasamos o ano pasado no concurso "Froita un botín saboroso" dos kiwis Zespri, no que aprendimos as beneficios das froitas, disfrutamos facendo experimentos coas mesmas, inventando personaxes ,... e tamén como non, na gran festa Kiwi que gañamos pola nosa participación; este ano tamén decicidimos participar no concurso, esta vez acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro.
Na tarefa 1, que fixemos en dúas sesións, coñecimos a Nadia, Lucas, Manuel e Luísa, os catro representantes do concurso, que nos levarán ao mundo marabilloso da froita, a saúde e o exercicio e nos darán a posibilidade de gañar unha gran FESTA PICNIC para todo o cole.
Aquí tedes algunhas fotos do ximnasio:
Na segunda sesión, na nosa clase, puxemos un fragmento visual, no que cada unha das personaxes se presentaba, dicía cal era a súa idade, o seu hobbi favorito, o seu lugar favorito para facer un picnic e o que lle gustaba levar a el. Por exemplo:
Mentras viamos o fragmento, iamos cubrindo este cuestionario:
Etiquetas CURSO 2016/17, FROITA UN BOTÍN SABOROSO, TAREFA 1
MANUALIDADES DE OUTONO
Nas clases de plástica, además das láminas que xa vos ensinamos tamén estivemos a facer unhas preciosas follas e uns bufos para adornar a árbore que está na entrada do colexio.
As follas, fixémolas utilizando esta plantilla que atopamos na páxina PED-KOPILPA:
E estas instruccións que atopamos na mesma páxina:
Etiquetas CURSO 2016/17, MANUALIDADES, OUTONO
FOLLAS DE OUTONO II
Na terceira lámina, traballamos as cores do outono, a simetría e a grafomotricidade. A profe repartiunos esta lámina coa metade de catro follas distintas:
Etiquetas CURSO 2016/17, OUTONO, PLÁSTICA
FOLLAS DE OUTONO I
Na segunda sesión de plástica, aprendimos cales eran as cores frías (azuis, verdes, morados,...) e as cores cálidas (amarelos, vermellos, laranxas,...) relacionándoas coa estación do outono.
Repartimos entre todos catro modelos distintos de follas que atopamos na páxina de Itsy Bitsy Fun e que podedes descargar gratuitamente dende a súa páxina ou clicando na imaxe de abaixo:
E así foi como nos quedaron:
Etiquetas CURSO 2016/17, OUTONO, PLÁSTICA