0 comments

PARTICIPAMOS NO PREMIO ESPIRAL EDUBLOGS


Participamos co blog no Premio Espiral de Edublogs, na categoría de Alumnos de Primaria que contrúen. Este premio, pretende valorar a importancia e repercusión das boas prácticas educativas, apoiadas en ferramentas dixitais, para o desenvolvemento de contidos curriculares e motivación dos alumn@s.

Agradeceremos todos os vosos comentarios de apoio. Se queredes comentar tedes que facer clic na imaxe de abaixo e rexistrarvos:


O vindeiro 6 de maio, saberemos se estamos ou non entre os tres finalistas.

QUE NERVIOOOOOOOS!

0 comments

MINILAPBOOK DOS 5 SENTIDOS


No tema da función de relación, ademais da maqueta do ollo e do estudo dos músculos e os ósos, tamén estivemos aprendendo o nome e as partes dos órganos dos sentidos, e que mellor xeito de facelo que con este minilapbook:


Para facelo utilizamos distintas imaxes que atopamos en Internet:

- Para o sentido da vista:


- Para o sentido do oído:


- Para o sentido do gusto:


- Para o sentido do tacto:

- Para o sentido do olfacto:


- E para finalizar, na portada:


ESPERAMOS QUE VOS RESULTEN ÚTILES

0 comments

APRENDEMOS OS ÓSOS CON RA


No último tema de naturais do trimestre, ademais dos sentidos, tamén estudamos os ósos e os músculos.

Para aprender os ósos, fixemos un esqueleto articulado que vimos na web de ACTILUDIS:


Ademais copiando unha idea que vimos no blog de  Óscar, La eduteca, coa aplicación AUGMENT, sacámonos unha foto cun esqueleto:


A continuación, con moito coidado, etiquetamos os ósos. Aquí podedes ver algún exemplo:


En canto aos músculos, practicamos a colocalos e tamén o seu nome, con esta ficha que tamén atopamos na web de ACTILUDIS:


Pero iso non foi todo, coa aplicación ANATOMY 4D e o seu marcador, na tablet vimos o esqueleto, os músculos e repasamos algúns dos aparatos que estudamos no tema anterior:


E con estes recursos que recopilamos no noso google sites seguimos aprendendo e practicando:


0 comments

CREAMOS UNHA ESTACIÓN METEREOLÓXICA


No tema 3 de Sociais estivemos aprendendo conceptos relacionados co tempo e o clima. Aprendimos cales eran os seus elementos e tamén con que aparatos se medían: barómetro, termómetro, pluviómetro, anemómetro, viraventos e higrómetro.

A profe, mercou unha pequena estación metereolóxica pero só indica a temperatura que hai dentro da clase e fóra:


O profe Antonio, díxonos que hai moitos anos, no cole tiñan unha estación metereolóxica que visitaban todos os días pero que agora xa nos funciona. Quixemos vela para comprobar como eran os aparatos que estudamos:
QUÉ MAGOA QUE NON FUNCIONE!

Así que como non funcionaba, decidimos facer a nosa propia ESTACIÓN METEREOLÓXICA.

 1º: Organizámonos en grupos de dous para facer cada grupo un aparato. Cada grupo tivemos que apuntar nun papel os materiais que necesitabamos e facer un carteliño co nome do noso aparato:


2º. A profe puxo nunha mesa todos os materiais para facer os distintos intrumentos e nós tiñamos que ir collendo os que necesitabamos mirando pola lista:

3º Cada grupo,  construímos o instrumento que nos tocou facer:

- TERMÓMETRO:

- VIRAVENTOS:

- BARÓMETRO:

- PLUVIÓMETRO:
- ANEMÓMETRO:
4º. Cando rematamos de facelos,  cubrimos unha ficha de cada instrumento cos materiais que necesitamos para facelos e como o fixemos:


Agora, os temos expostos na clase e só nos falta comprobar se funcionan.

FUNCIONARÁN?

0 comments

INVENTANDO E RECITANDO POEMAS DIAMANTES


Polo Día da Poesía, no cole celebramos o II RECITAL DE POESÍA do CEIP de Maciñeira. Cada clase inventou ou preparou uns poemas en galego para recitalo ao resto dos compañeir@s.

Na nosa clase preferimos inventalos, así que a profe ensinounos a facer POEMAS DIAMANTE cos que ademais de desenvolver a nosa creatividade literaria, lembramos algúns conceptos gramaticais como verbos, adxetivos e nomes.

Para os que non o saibades, dirémosvos que os Poemas Diamante, son poemas de sete versos que non teñen rima e seguen a seguinte estrutura:

1ª liña: un nome (persoa, animal, cousa)
2ª liña: dous adxectivos que describan ao nome da primeira liña.
3ª liña: tres verbos relacionados coa primeira liña.
4ª liña: catro nomes: dous relacionados coa primeira liña e dous coa sétima.
5ª liña: tres verbos relacionados coa sétima liña.
6ª liña: dous adxectivos relacionados coa sétima liña.
7ª liña: un nome contrario ou antónimo ao da primeira liña.

Nós eleximos nomes contrarios como:PAI/FILLA, POLICÍA/LADRÓN, GATO/RATO, SOL/LÚA, PAZ/GUERRA, VERÁN/INVERNO, MODERNIDADE/ANTIGÜIDADE,  HOME/MULLER, AUGA/LUME, BRANCO/NEGRO e a partir deles escribimos o noso poema utilizando como base esta plantilla que adaptamos dunha que atopamos en PROUD TO BE PRIMARY. Ollade que bonitos nos quedaron:


E se queredes ver o ben que os recitamos ...



Se vos gustan este tipo de poemas, podedes facelos como o fixemos nós, ou tamén con esta aplicación de http://www.readwritethink.org:

http://www.readwritethink.org/files/resources/interactives/diamante_poems_2/

ANIMÁDEVOS A FACER UN?

0 comments

SEMANA DA PRENSA


Durante  a semana do 6 ao 10 de marzo, celebramos a Semana da Prensa, unha iniciativa instituída oficialmente dentro do calendario escolar en 1989 pola que nesa semana,  todos os centros galegos, deberán traballar con exemplares de xornais como un elemento pedagóxico máis.

O ano pasado, no cole fixemos un xornal entre todas as clases, "MACINOVAS", con distintas seccións: novas comarcais, nacionais, pasatempos, deportes, cultura, o tempo e anuncios.

Este ano, como estamos co proxecto das Olimpíadas, tamén decidimos facer un xornal pero esta vez, un xornal deportivo. "MACIDEPORTES".


Cada clase, tivo que facer unha páxina sobre un deporte: fórmula 1, baloncesto, fútbol, tenis, natación, atletismo e esquí.

A nós, tocounos facer a PORTADA:


Ademais, estivemos analizando como se fai unha noticia e as partes que ten. Primeiro debuxamos un gran signo de interrogación que completamos con todas as preguntas que unha noticia debe repostar:


A continuación, cada un de nós, escollimos unha noticia dun xornal e intentamos atopar nela a resposta a todas as preguntas e tamén as partes dunha noticia:


E ademais, na clase de Plástica, fixemos un debuxo dun deporte sobre unha folla de papel de xornal. Ollade os bonitos que nos quedaron os que xa están rematados: