FESTA FIN DE CURSO
O derradeiro día de colexio celebramos unha gran festa con moitos xogos e actividades.
Durante case toda a mañá puidemos desfrutar de xogos populares xigantes, o brilé, tiro ao arco, manualidades ,.... había INCLUSO UN PHOTOCALL!
Etiquetas CURSO 2021/22, FIN DE CURSO
FACEMOS CHAVEIROS CON PLÁSTICO MÁXICO (ENCOLLIBLE)
Os últimos días de clase fixemos fermosos chaveiros de animais mariños utilizando plástico "máxico". Queredes saber como o fixemos?
Pois ben, primeiro coloreamos o animal que nos tocou con rotuladores
A continuación recortámolos polo borde e fixémoslles un burato cun sacabocados
Por último, metímolos uns cantos segundos no forno e ... maxicamente os nosos animais endureceron e puxéronse moito máis grosos.
Só tivemos que poñerlles unha cadea e ....
AQUÍ OS TEDES!!!!!
A que son ben fermosos?
Etiquetas CURSO 2021/22
MARCHA CICLISTA ESCOLAR
Hoxe algúns de nós xunto con varios compañeiros/as de sexto e tres profes, participamos na Marcha Ciclista Escolar que organiza o Concello de Narón.
Fomos pedaleando ata o paseo de Xuvia e unha vez alí, comimos un bocata, bebimos auga, xogamos e vimos ademais un helicópero da DXT.
Podedes ver as fotos da xornada, na páxina web do cole. Para acceder preme na ligazón:
Etiquetas CURSO 2021/22, MARCHA CICLISTA
3ª PROXECCIÓN DE CINE E SAÚDE
A semana pasada visitounos María José para presentarnos a terceira e derradeira película do programa de Cine e Saúde.
Trátase da película "Mi amigo pony", unha preciosa película para traballar o amor polos animais.
Aquí vos deixamos o tráiler oficial da película:
Etiquetas CINENSINO, CURSO 2021/22, PROGRAMA CINE E SAÚDE
MÓVETE + : DANCE MONKEY
Nos últimos anos, o centro participa no Móvete +, unha proposta que trata de promover a actividade física a través dunha coreografía. Cada clase do cole, ten que preparar unha canción e o seu baile e representala diante do resto do alumnado para que a copien e practiquen exercicio.
A nós tocounos hoxe. Primeiro gravamos a nosa actuación por se chovía e non podíamos facelo fóra no patio:
Etiquetas CURSO 2021/22, MÓVETE+