ROMPENDO MOLDES
Dentro do marco de charlas "Rompendo moldes" que organiza o Concello de Neda, hoxe os nenos e nenas de quinto e de sexto recibimos visita. Eran catro mulleres da localidade: unha antiga mestra, Carmiña; unha xuíza, Vanesa; unha letrada xudicial, Teresa; e por último, unha investigadora, doutora en ciencia e tecnoloxía de polímeros e na actualidade vicerreitora do Campus de Ferrol, Ana.
Durante preto dunha hora, faláronnos do seu traballo e contestaron a todas as preguntas que lles fixemos.
De todo o que nos contaron que era moi interesante, quedámonos sobre todo con isto:
"Non hai profesións só de homes ou só de mulleres. Tod@s podemos ser o que queiramos ser. O xénero non importa"
Etiquetas CURSO 2023/24, DÍA DA MULLER
DÍA DA POESÍA
Polo Día da Poesía cada clase do cole leu uns dos poemas que se utilizaron para facer os caligramas polo Día de Rosalía.
Lembrades que nós dividímonos en grupos e fixemos catro? Pois ben, como soamente se podía ler un poema, botamos a sortes para ver cal dos catro iamos ler e o gañador foi ... Galicia de Sergio, Isaac, Abril, Daniela e Óscar.
Etiquetas CURSO 2023/24, DÍA DA POESÍA
ENCONTRO CON... SARA GONZÁLEZ VEIGA
Sabedes quen nos veu a visitar hoxe ao cole? Pois nin máis nin menos que unha rapaza de aquí de Neda que ademais de ser Graduada en Dereito e Relacións Laborais, tamén é escritora.
Veu a presentarnos o seu conto infantil en edición bilingüe: Donde está mi nombre/Onde está o meu nome?
Ollade que atentos estabamos todos:
APRENDEMOS A FACER TRAMPAS PARA VELUTINAS
Esta mañá aprendimos a facer trampas para velutinas grazas a Simón, bombeiro do SPEIS de Narón e a Rafa, da Asociación Galega de Apicultura, utilizando materiais reciclados, como botellas de plástico.
Ao mesmo tempo que aprendíamos a construir as trampas, tamén descubrimos moitas cousas sobre esta especie invasora: que poden atacar cando escoitan algún ruido ou vibración, que a primavera é a mellor época para colocar as trampas para así poder atrapar á raíña e evitar que aparezan novos niños, que debemos facer cando vemos un niño ...
Etiquetas AVESPAS VELUTINAS, CURSO 2023/24
EXPOSICIÓN GRUPO 2: ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN NO CONTINENTE ASIÁTICO
A continuación, a exposición do equipo formado por Edgar, Unai, Yanira, Anja e Dani que estiveron a investigar sobre algúns animais en perigo de extinción de Asia.
Etiquetas ANIMAIS PERIGO DE EXTINCIÓN, CCNN, CURSO 2023/24, EXPOSICIÓNS
EXPOSICIÓN GRUPO 3: ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN NO CONTINENTE EUROPEO
A continuación a exposición do equipo formado por Juan, Alba, Lucía Lorenzo e Manuel que estiveron a investigar sobre algúns animais en perigo de extinción de América. Non temos a gravación de Manuel porque ese día púxose enfermo.
Etiquetas ANIMAIS PERIGO DE EXTINCIÓN, CCNN, CURSO 2023/24, EXPOSICIÓNS
EXPOSICIÓN GRUPO 1: ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN OCEANÍA
O primer grupo en expoñer o seu traballo sobre os animais en perigo de extinción, foi o formado por Sabela, Izan, Lucía Verdú e Manuela que estiveron a investigar sobre algúns animais en perigo de extinción de Oceanía. Menudos nervios!!!!!!!
Etiquetas ANIMAIS PERIGO DE EXTINCIÓN, CCNN, CIENCIAS NATURAIS, CURSO 2023/24, EXPOSICIÓNS
RECOLLIDA DE ZAPATOS E MATERIAL ESCOLAR
Ao longo da semana pasada e desta , no cole estivemos recollendo zapatos e material escolar co fin de entregalo aos máis necesitados en Marrocos.
Trátase dunha aventura a cargo da Asociación Rally Solidario 100% solidaria xa que non é unha competición senón dunha viaxe na que todos os equipos unidos van levando e entregando por eles mesmos e directamente aos máis necesitados todo o material sen nada a cambio.
Esta iniciativa que se realiza en dúas edicións anuais, Nadal e Semana Santa, está aberta a todas as persoas que queiran inscribirse.
Etiquetas CURSO 2023/24, RALLY SOLIDARIO MARROCOS
EXCURSIÓN Á LONXA DE BARALLOBRE
Hoxe visitamos a lonxa de Barallobre. Primeiro vimos unha presentación para coñecer as diferentes especies de moluscos que se recollen na zona. Despois fixemos un tour polas instalacións no que nos amosaron o percorrido que fai o marisco dende que chega á lonxa, se depura e está listo para a venda.
Finalmente, fomos á ribeira para coñecer como traballan os/as maricadores/as a pé.
Aprendimos moitísimo!!!!!!
Etiquetas CURSO 2023/24, LONXA, SAÍDAS
DÍA DA MULLER
Como xa sabedes, como coincidiu a Semana da Prensa coa celebración do Día da Muller, dende o Equipo de Biblioteca e o de Dinamización de Lingua Galega, se nos pediu a todos os cursos que entrevistáramos a algunha muller da nosa familia ou da nosa contorna.
Aquí vos deixamos as nosas entrevistas:
Etiquetas CURSO 2023/24, DÍA DA MULLER, SEMANA DA PRENSA
APADRIÑAMENTO LECTOR: 1º DE PRIMARIA
Hoxe fomos a lerlles aos nosos compañeiros e compañeiras de primeiro de primaria.
Disfrutamos moitísimo!!!!
Etiquetas APADRIÑAMENTO LECTOR, CURSO 2023/24
CONSTRUÍMOS UNHA ESTACIÓN METEREOLÓXICA
No tema de Ciencias Sociais estamos aprendendo moitas cousas sobre o tempo e o clima así como os elementos e factores que os determinan.
Para coñecer mellor os instrumentos cos que se miden os elementos do clima decidimos construír unha estación metereolóxica caseira.
- Daniela, Óscar, Abril e Isaac foron os encargados de fabricar un anemómetro:
Etiquetas CCSS, CIENCIAS SOCIAIS, CURSO 2023/24, ESTACIÓN METEREOLÓXICA, TEMPO E CLIMA
WEBQUEST: ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN
Xa que andamos a voltas cos ecosistemas e os animais, imos investigar entre todos que animais en perigo de extinción hai nos distintos continentes, por que están en perigo de extinción e que se pode face para evitalo e para iso utilizaremos esta webquest:
Etiquetas ANIMAIS PERIGO DE EXTINCIÓN, CCNN, CIENCIAS NATURAIS, CURSO 2023/24, WEBQUEST
OS ECOSISTEMAS
En Ciencias Naturais estamos a estudar os ecosistemas. Para repasar y aprender moitas cousas podemos utilizar este Genially:
Etiquetas CCNN, CIENCIAS NATURAIS, CURSO 2023/24, ECOSISTEMA, GENIALLY
RECIBIMOS CARTA DE MACÍN
Hoxe voltamos a ter noticias de Macín. Dentro da caixa que abriu Juan, atopamos unha carta e unhas follas.
Na carta, Macín, contábanos que como este ano a Semana da Prensa coincidía co Día da Muller , quería animarnos a convertirnos en reporteiros por un día e facer un xornal no que entrevistáramos a unha muller da nosa familia ou da nosa contorna.
Que idea tan fantástica, non credes?
Etiquetas CURSO 2023/24, DÍA DA MULLER, MACÍN