0 comments

OBRADOIRO DANZA CONTEMPORÁNEA

 

Hoxe, disfrutamos dun obradoiro sobre danza contemporánea que organizou o concello a través da bailarina ferrolá Cristina Montero.





0 comments

ESTACIÓN 4: A DENSIDADE

 


Para experimentar coa densidade fixemos a botella das densidades. Con moito coidado botamos nunha botella substancias con distintas densidades: mel, deterxente líquido, auga, aceite, alcol.

Primeiro predixemos como críamos que se ían colocar as distintas substancias e despois comprobamos como se colocaron realmente e concluímos por qué.





0 comments

ESTACIÓN 3: EXPERIMENTANDO COA FLOTABILIDADE

 Na estación 3 estivemos a experimentar coa flotabilidade facendo un sinxelo experimento.


Botamos un ovo dentro dun recipiente con auga e observamos que ía para o fondo que afundía. A continuación entre todos fomos botando pouco a pouco sal na auga e vimos como ao final o ovo flotaba.

Por que sucedeu isto? Pois porque ao engadirlle sal á auga fixemos que a súa densidade aumentara e que o ovo flotase.








0 comments

MÓVETE + : ECHA PA´LLÁ

 

Hoxe tocounos aos do terceiro ciclo, empezar cos bailes do Móvete+. Nós decidimos facer o noso baile coa canción "Echa pa´llá".

0 comments

ESTACIÓN 2: APRENDEMOS A CALCULAR O VOLUME

 Na estación dous aprendimos a medir volumes. Que como o fixemos? Pois con probetas e recipientes graduados.





0 comments

LETRAS GALEGAS 2024

No cole celebramos o día das Letras Galegas de distintos xeitos:

- Comezamos facendo un precioso mural da escritora homenaxeada este ano, Luísa Villalta. Todos os nenos en parellas ou grupo, escribiron nun papel de cor a súa palabra favorita en galego e estas palabras pegámolas ao carón da imaxe de Luísa que debuxou a nosa compañeira de sexto, Lola. Aquí podedes vela posando coa súa creación:

 - Continuamos facendo unha Xinkana para aprender moitas cousas sobre esta escritora. Repartímonos en 16 grupos mesturados con nenos e nenas de todos os cursos e tivemos que facer distintas probas para conseguir un código segrego: robótica, pasapalabra, tinta invisible, carreiras de relevo, saltos á corda, seguir ritmos,... un montón de actividades coas que o pasamos moiii ben.


Unha vez rematadas todas as probas conseguíamos un código de tres dixitos para conseguir abrir o libro de Luísa Villalta. E unha vez aberto, sabiades que había? Pois nada máis e nada menos que estes fermosos chaveiros.



 
- Unha exposición de instrumentos e traxes rexionais galegos:




 - E para rematar, a vista de dron, bailamos a Muñeira de Chao, iso si cuns músicos excepcionais. Recoñeces a algún?

 Para ver o video en pantalla completa, premer enriba do título.

0 comments

ESTACIÓN 1: EXPERIMENTANDO COA MASA

Estes días andamos a voltas coas propiedades da materia. Descubrimos que ten unhas propiedades xerais que son a masa e o volume e tamén unhas específicas como a dureza, elasticidade, flotabilidade, densidade,...


Para experimentar con estas propiedades fixemos catro estacións: masa, volume, densidade e flotabilidade.

Na estación 1 experimentamos coa masa utilizado distintos tipos de balanzas y básculas:









0 comments

VISÍTANNOS AITOR FORNOS E RUBÉN GANDOY

 


Recibimos no cole a visita de Aitor Fornos e Rubén Gandoy dous pilotos do clube As Pontes Motorsport que pertencen a Federación Galega de Automobilismo.

Ámbolos dous contáronnos un pouco da súa vida e os seus próximos proxectos. 

Despois de invitarnos a merendar, chegou o momento que todos estabamos esperando: ver os seus coches.

MOITAS GRAZAS, RAPACES!



0 comments

OBRADOIROS RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

Este trimestre os nenos e nenas de quinto e de sexto do cole, imos ter tres obradoiros sobre resolución de conflitos dende a educación emocional tanto no ámbito escolar como no familiar. 

Trátase dunha iniciativa incluída no "Programa de prevención de condutas aditivas no eido local" que promoven os concellos de Neda, Fene e Mugardos.

O seu obxectivo é axudarnos a canalizar as nosas emocións traballando a empatía e técnicas de comunicación efectivas e conseguir evitar a "normalización" da agresividade e da violencia así como un manexo inadecuado das frustracións. 

Aquí tedes algunha fotiña do primero deles: