22out 2024
0 comments

DECORACIÓN PARA O SAMAGOSTÍN

 A aportación de quinto e sexto de primaria á decoración do Samagostín foron unhas malvadas meigas e tamén uns esqueletos terroríficos.

Ollade, ollade.







Que vos parecen? Gústanvos?

22out 2024
0 comments

REFLEXIÓN E REFRACCIÓN

Hoxe tocou experimentar o fenómeno da refracción e da reflexión facendo tres experimentos:

  • A frecha máxica
  • O lapis que se rompe
  • O raio láser que rebota na auga
Así os fixemos:

21out 2024
0 comments

EN SAMAÍN TOCA... MAXIA!


Dentro das actividades  do programa "Ler conta moito" e tendo en conta que nuns días vai ser o Día das Bibliotecas Escolares, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP do cole, fomos hoxe á Casa da Cultura de Neda para ver o espectáculo "En Samaín toca ... Maxia!" da compañía de Vigo, Magia en la Manga.

Durante preto dunha hora, Óscar sorprendeunos cos seus trucos de maxia: dende cordas de distintos tamaños que acaban iguais, panos de distintas cores, cartas que desaparecían, boliñas que cambiaban de lugar .... e todo iso ambientado de Samaín.

Pasámolo fenomenal!!!!! 

18out 2024
0 comments

EXPERIMENTO 1: O DISCO DE NEWTON


Hoxe empezamos os nosos experimentos relacionados coa luz. É o primeiro de todos é o Disco de Newton para comprobar se a cor branca é unha mestura de todas as cores do arco da vella.

Para iso, só necesitamos un trozo de cartolina, un CD, un transportador de ángulos, pinturas, tesoiras, unha canica e silicona.

Así o fixemos:

1º Colocamos un vello CD sobre a cartolina, para facer un círculo.
2º Coa axuda do transportador, dividimos o círculo en sete partes (5 ángulos de 50ºC e dous de 55ºC).
3º Coloreamos cada parte coas cores do arco da vella na súa orde correcta.
4º Pegamos o círculo ao CD.
5º Coa pistola de silicona, pegamos unha canica pola parte de abaixo do CD.

Resultados:
 

Como coas canicas non se apreciaba ben a luz branca, acabamos utilizando un ventilador de man para ver mellor o efecto.
Que vos parece?

15out 2024
0 comments

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURAL

 

Polo Día Internacional da Muller rural, recibimos no cole a visita das concelleiras de Igualdade, Cultura e medio rural do Concello de Neda, que viñeron a entregarnos a cada un de nós, o libro "Xuvia pode ser o que queira".

Este libro que está protagonizado polos Bolechas (do debuxante Pepe Carreiro) trata sobre a igualdade de oportunidades. Nel, os Bolechas chegan a Neda para visitar a unha amiga e grazas a ela descobren moitos lugares do Concello como a Fervenza, a Fábrica Téxtil, o Mirador de Ancos, ... , coñecen os oficios que realizaban as mulleres de Neda hai moitos años e tamén falan do que lle gustaría ser de maior á súa amiga. 

Con isto, queren transmitirnos a mensaxe de que para poder ser o que realmente queremos ser, non importa o noso xénero nin o lugar onde vivimos  senón que o que realmente importa é o noso esforzo.

05out 2024
0 comments

NOVAS DE MACÍN

 

Este venres recibimos as primeiras noticias de Macín. Xunto cos nosos compañeiros de quinto e sexto de primaria, fomos á biblioteca.



Alí, nun recuncho atopamos as súas caixas. Unha delas, poñía terceiro ciclo de primaria.



Cando a profe Carmen a abriu, atopamos unha carta, uns libros e unhas plantillas.



Na carta, Macín, pedíanos que como xa estamos preto do Samaín, escribísemos cada clase un conto de medo entre todos e que tamén o ilustrásemos.

Antes de voltar a clase, estivemos botándolle unha ollada aos libros que Macín nos recomendaba.




E para lembrar o día, sacamos unha bonita foto de grupo:

04out 2024
0 comments

CUMPLES DE SETEMBRO

Hoxe celebramos os aniversarios de Abril e de Sabela que estiveron de cumple no mes de setembro.

Moitas felicidades as dúas!!!!!!!!

04out 2024
0 comments

CARTA DE MACÍN

 Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto fomos á biblioteca. Alí esperábannos as caixas de Macín e dentro delas unha carta. A carta dicía o seguinte:


Como puidéchedes ler, Macín pídenos que entre todos escribamos un conto de ... MEDO! Estamos desexando empezar!






Ademais de deixarnos uns libros sobre o Magosto e o Samaín, tamén nos deixou as plantillas para crear o conto:

03out 2024
0 comments

PRACTICAMOS VOLLEY

 Sabedes que? Hoxe visitounos no cole un xogador do equipo de Voleibol Aldebarán de San Sadurniño, concretamente, Luís Meza.


Durante toda a sesión de Educación Física, Luís ensinounos distintas tecnicas e formas de coller o balón. Ollade, ollade ...


MOITAS GRAZAS, LUÍS, POLA TÚA VISITA!!!!