0 comments

MANDATOS DO MECO

Este ano, o entroido do cole, está adicado aos libros e aos contos. Pero antes da gran festa, que terá lugar o vindeiro xoves, temos que estar moi atentos aos mandatos do Meco.

Pola nosa clase, pasaron hoxe nin máis nin menos que Alicia, a Raíña de Corazóns e o Coello para dicirnos cal é o mandato do Meco para o luns.


Aquí vos deixamos os mandatos do Meco para a vindeira semana.


Lembrade! O luns, día de Rosalía hai que traer algo florido.

0 comments

DÍA DA NENA E A MULLER A CIENCIA

 


A semana pasada foi o día da Nena e a muller na ciencia. Un día no que ademais de render homenaxe ás mulleres científicas do pasado, demostrando que as mulleres poden chegar a desempeñar o rol que desexen en STEAM (ciencias, inxeniería,  artes e matemáticas), sirva para inspirar a novas xeneracións de nenas a interesarse pola ciencia desde idades tempranas e reforce a mensaxe de que a ciencia é un campo aberto a toda a sociedade, sen distinción de xénero.

Por iso , veu a darnos unha charla e a falar do seu traballo, Bea, unha enxeñeira química que traballa para a UVigo en Ourense. Durante preto dunha hora, Bea falounos dalgunhas mulleres científicas como a física Lise Meitner, que descubriu a fisión nuclear pero lle deron o Premio Nobel ao seu compañeiro de traballo; a bioquímica Katalín Karikó, que estudou o ARN e grazas aos seu estudios se puideron facer as vacinas contra o COVID; a enxeñeira, médico e astronauta Mae Jemison, que desenvolveu un sistema de telecomunicacións co fin de mellorar o coidado médico en países non desenvolvidos; ou a enxeñeira industrial española Elena García Armada, que creou o primeiro exoesqueleto pedíatrico do mundo para nenos e nenas con patoloxías neuromusculares e parálise cerebral.

Ademais, falounos do seu traballo no laboratorio da Universidade dando unha nova vida a desechos alimentarios como mondas de pataca, ósos de aguacate, follas de eucalípto ... aos que consideran subprodutos para obter bioetanol e outros produtos químicos.

Pero non só iso, amosounos como facer unha extración e unha filtración, a utilizar unha micropipeta e a facer esferificacións.















 Moitas grazas, Bea pola túa visita

0 comments

PONTE NO MEU LUGAR

Ao longo de toda a semana, participamos no programa "Ponte no meu lugar" organizado pola  Asociación de Pais e Nais de Nenos e Nenas con Problemas Psicosociais, ASPANEPS en colaboración co Concello de Ferrol.

O obxectivo de dito programa é dar a coñecer aos nenos e nenas a realidade das persoas con distintos tipos de discapacidade dándolles a oportunidade de como di o título, poñerse no seu lugar.

Comezamos vendo o video, " Lo incorrecto-Una nueva mirada hacia la discapacidad",  reflexionamos sobre el, analizamos os paneis que deixaron de exposición e por último, hoxe tivemos unha sesión práctica na que tivemos que poñernos na pel dunha persoa con discapacidade desplazándose polo centro en cadeiras de rodas e con antifaces que non nos permitían ver.



Así comprobamos en primeira persoa, por unha banda as dificultades ás que se teñen que enfrontar cada día as persoas con algunha discapacidade (sobre todo tendo en conta que todavía hai moitas barreiras de accesibilidade) e pola outra, como  podemos axudalos cando o necesitan, sen sobreprotexelos.

Ademais, analizamos distintas situacións para ver se cumprían as condicións de accesibilidade, reflexionamos sobre toda a experiencia, inventamos lemas coas palabras accesibilidade, tolerancia, apoio e barreiras, fixemos unhas bonitas chapas e escoitamos este fermoso poema:

 

 Moitísimas grazas a  todos/as pola vosa visita.

Podedes ver todas as fotos da charla na galería de imaxes da páxina web.

ÁLBUM: PONTE NO MEU LUGAR

0 comments

O NOSO MECO

 Ollade que bonita quedou a nosa entrada con Meco grazas á ANPA:




0 comments

2ª CHARLA PLAN DIRECTOR: DISCRIMINACIÓN E ODIO

 A segunda charla do Plan Director deste ano foi sobre discriminación e odio.

Unha vez máis, foi Sara, garda civil do posto de Fene, a encargada de falarnos de aporofobia, xenofobia, homofobia e outras formas de odio.

Vimos este video:

E quedamos moi sorprendidos ao ver que a xente non trataba igual á nena do video cando ía ben vestida ou cando ía sucia e mal vestida, incluso algunha xente separaba o seu bolso por medo a que lle roubara o pedía que a botaran fóra.

Despois da charla, todos e todas quedamos moito máis convencidos de que non debemos discriminar a ninguén por non ser do noso país, nin por ser diferente, nin por ter distinta orientación sexual.


0 comments

CUMPLES DE XANEIRO

 Hoxe celebramos o aniversario de Isaac, Edgar, Sergio e Manuel que estiveron de cumple no mes de xaneiro.


Moitas felicidades aos catro!!!!

0 comments

CAROUTAS DE PELIQUEIROS

 Empezamos a decorar o cole con caroutas de Peliqueiros. Os nenos e nenas de quinto e de sexto de primaria en lugar de facer as súas propias, axudamos aos nosos compañeiros de Infantil e de 1º de Educación Primaria.

Os de sexto, fomos á clase de catro anos e a de primeiro. Ollade que ben traballamos todos xuntos e que bonitas quedaron as nosas caroutas.

0 comments

KAMISHIBAI CON EI3 E 4º EP

 Hoxe tivemos un día moi ocupado. Fomos a lerlles aos nosos afillados de 3 anos e de 4º de primaria o conto de "Marce o carteiro" que fixemos para o Kamishibai do día da paz.

Cando chegamos ás súas clases tivemos unha gran sorpresa porque eles tamén nos contaron o seu conto para o Día da Paz.

Os de 3 anos, contáronnos o conto "O país das pulgas":


E os de 4º, o conto "A mochila da Paz"


E aquí estamos nós léndolles o noso conto:

Que ben o pasamos!!!!!


0 comments

DÍA DA CANDELORIA

 


O pasado 2 de febreiro celebrouse o día da Candeloria. Este día marca a metade entre o solsticio de inverno e o equinocio de primavera anunciando que a primavera está preto. Ademais, é o día no que "se casan os paxariños". Se queredes saber máis sobre este día, no blogue da biblio tedes un montón de información.

Biblio Macín

Como foi o domingo, hoxe fomos a biblioteca, alí limos información sobre este día e algúns refráns, coloreamos un fermoso debuxo e con el fixemos unha chapa.

Ollade que artistas somos coa máquina de facer chapas:



0 comments

EMPEZAMOS O DISFRAZ

 Estes días andamos a voltas co noso disfrace. Empezamos tecendo una bufanda:


e continuamos facendo variñas máxicas:



Todavía non faltan algunhas cousiñas máis. Ides adiviñando de que nos imos disfrazar?