0 comments

OS NOSOS ANIVERSARIOS


Este curso, seguindo unha idea da titora de sexto, Carmen, decidimos celebrar os cumples da clase dun xeito diferente.

Nos primeiros días de clase, cada un, decoramos un sobre co noso nome e o día do mes do noso aniversario e nel, metimos un papel no que eleximos a maneira na que queriamos celebralo sempre e cando fose algo que non supuxese gasto económico e que necesitase material que tivésemos no cole ou na casa.

Estes eran algúns exemplos que podiamos elexir:


Hoxe xa comezamos coa celebración do cumple de Álex que elexiu: unha sesión de xogo libre na clase!

0 comments

PREPARANDO O HORTO

 O venres pasado, recibimos no cole a visita de Pablo Iglesias, un experto en cultivos ecosostibles que xa nos acompañou o curso anterior, para axudarnos a poñer en condicións o noso invernadoiro para este novo curso. E sabedes que? Este ano, tócanos compartir o tempo de horto cos nosos compañeir@s de ciclo.

Durante preto dunha hora, recollimos follas e paus para poñer arredor do invernadoiro pola parte exterior para facer casiñas para os insectos de xeito natural, arrincamos malas herbas e tamén tivemos tempo para sementar.

Traballamos un montón!



0 comments

CARTA DE MACÍN

 

Hoxe recibimos unha carta de Macín, a mascota da nosa biblio. Martina Fernández foi a encargada de lela en alto para todos e todas:


Na carta, Macín dicíanos que a nosa biblioteca ampliouse con novos libros e xogos dos que poderemos disfrutar unha vez que estean catalogados.
Tamén nos pediu unha cousiña aproveitando que dentro de pouco celebraremos o Samagostín no cole: que entre todos inventáramos un conto de medo e o presentásemos en formato audiovisual! Menudo reto, non si? 

Así que despois do recreo, xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 6º de primaria, fomos a biblioteca un anaquiño para poder ver en directo as novas adquisicións.



Moi boas lecturas, para todos e todas!!!!!

0 comments

NOVO CURSO 2025-2026

Arrinca o curso e dámoslle a benvida á nosa nova promoción de 20 estudantes de 5º de Primaria, curiosos, valentes e con moitas gañas de aprender. 

Durante este curso viaxaremos á Galia para traballar coa temática de Astérix e Obélix e aprender creando e en equipo.

Se tedes cómics, libros ou materiais para prestar, serán benvidos! E se alguén quere vir a contar o seu "oficio romano" (arquitectura, historia, xornalismo, radio, astronomía, ...), escribídenos.





(Plantilla de @yanoteajunto)

 Como diría Abraracúrcix: "A aldea unida xamais será vencida!"

Que este curso sexa unha gran aventura.

Benvidos/as, galos e galas de 5º!