0 comments

MAQUETA SISTEMA SOLAR

Despois de moito traballo, por fin rematamos as nosas maquetas do Sistema Solar:

 


Gústanvos?



0 comments

CIRCO NA BIBLIOTECA


 Hoxe fomos á Casa da Cultura para ver o espectáculo de malabares, equilibrio e clown,  "Circo  na Biblioteca" de Dani Blanco, incluído no ciclo "Do cole á biblio" co que o Concello de Neda celebra o Día da Biblioteca.

Esta iniciativa, impulsada co apoio da Rede de bibliotecas de Galicia no marco do programa "Ler conta moito", busca achegar á rapazada a este espazo cultural, a través de accións de dinamización e espectáculos. 


0 comments

DECORACIÓN DE SAMAGOSTÍN

 A finais de mes celebraremos o SAMAGOSTÍN, unha mestura do Magosto e o Samaín.

Para decorar os corredores do colexio, os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria, decidimos facer unhas CATRINAS. Así que estes días, xuntámonos as dúas clases para facelas.

Ollade que ben traballamos mesturamos:



E así quedaron rematadas:




0 comments

IMPRENTA ALOUETTE MACHINE

 


Hoxe tivemos a sorte de contar no cole con Cris e Jean-Ba de Aloutte Machine e a súa imprenta itinerante movida por un motor de cinco cilindros que viñeron a realizar un obradoiro con todo o alumnado do centro.

Nós, deseñamos varios carteis con diversas tipografías e cores para crear acrósticos cos nomes de distintos seres mitolóxicos galegos.


E así quedaron:



Divertímonos moitísimo!

0 comments

A IGUALDADE NON TEN TRUCO

Grazas á ANPA, onte, a compañía viguesa "Magia en la manga" veu ao noso colexio para representar o seu espectáculo: "A igualdade non ten truco". Durante o mesmo, ademais dos seus divertidos trucos de maxia con cartas, cordas, panos, dragóns e espadas, entre outros, tamén fixeron un percorrido  pola historia das mulleres magas para amosar que ainda que estamos máis afeitos a ver magos, tamén existiron e existen hoxe en día, moitas mulleres magas.

O mago, Carlos Tomico Pérez e a maga, Sara Rodríguez Martínez, transmitíronnos unha mensaxe moi importante: e é que todas e todos podemos desenvolver calquera profesión.









Que ben o pasamos!

0 comments

O UNIVERSO

 En ciencias xa comezamos co tema do Universo. Falamos de estrelas e constelacións, dos planetas, da Lúa ... Para seguir aprendendo, poderemos buscar información en Internet, nos libros que trouxo Xandre, nos da biblio e da clase ...

Ademais para que todo nos quede moi clariño, faremos unha maqueta do Sistema Solar, un calendario lunar, un modelo de eclipse ...

Polo de pronto, xa comezamos a pintar a base da maqueta:





0 comments

VOLUNTARIADO BIBLIOTECA

 Como xa imos en quinto, este ano podemos ser voluntari@s da biblioteca. A tarefa dos voluntari@s consiste en ir a buscar aos nenos de infantil para ir á biblioteca, axudarlles a coller libros, facer os empréstitos, catalogar, colocar os libros nos anaqueis por orde alfabética ...

Por iso, hoxe a profe Rosa, que é a coordinadora do equipo de Biblioteca deunos unha pequena formación para aprender como tiñamos que facer os empréstitos co programa Koha, como están catalogados os libros, ...

Gustounos tanto que... case tod@s nos apuntamos ao voluntariado!!!!