0 comments

RADIO ESCOLAR: GRAVAMOS UN PODCAST

 Despois da formación teórica de onte, hoxe fomos á biblioteca, onde temos a nosa radio escolar. Como somos moitos, dividímonos en catro grupos de cinco persoas, catro fixemos de locutores e locutoras e a quinta persoa fixo de técnico de son. Cada técnico de son, despois de rematar, tiña que amosar aos seus compañeiros e compañeiras todo o que había que facer: encender o ordenador, encender o equipo, abrir o Audacity, facer unha proba de son, ... Entre toda a clase, gravamos catro programas de radio, dous relacionados coa igualdade e a violencia de xénero en relación ao 25N e dous coa arte e os límites en relación ao Día da discapacidade e ao taller que fixemos coa profe Estefanía.

Gustounos moitísimo gravar os programas e estamos desexando facer algúns máis moi pronto.





A que parecemos uns auténtic@s profesionais? Nuns días poderedes escoitar os nosos programas.

0 comments

RADIO ESCOLAR

 Sabedes que? Pablo da Rede Espora, visitounos hoxe para darnos unha formación sobre a Radio Escolar. Durante preto dunha hora, ensinounos  que material necesitamos para poder realizar un programa de radio, explicounos como funciona a mesa  (encendido, mutear, poñer música de fondo, auriculares,...), que programa se utiliza para gravar (o Audacity) así como diversos consellos para facer os guións, como deben ser as locucións, ideas de actividades, ...

Aprendimos moitísimo pero o mellor de todo é que mañá ... IMOS GRAVAR UN PROGRAMA! QUE EMOCIÓN!


0 comments

CHARLA FRAGAS DO EUME

 

Hoxe, grazas ao Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) que conta co apoio da Deputación da Coruña, tivemos unha charla sobre o parque natural das Fragas do Eume co obxecto de coñecer a importancia e o valor que ten.

Durante preto dunha hora coñecimos a flora e a fauna da Fraga, as especies que están ameazadas, algunhas especies invasoras, o seu patrimonio etnográfico e histórico e tamén os principais problemas ambientais que sofre e como entre tod@s podemos axudar a protexela.

Proximamente, faremos unha ruta guiada polas Fragas para poder ver en vivo e en directo moitas das cousas que aprendimos durante a charla.