FACEMOS O DISFRAZ
Este ano, todo o cole imos ir disfrazados de XOGOS DE MESA. Nós escollimos as CARTAS DE PÓQUER.
Así que estas semanas estivemos: medindo, facendo moldes, recortando, forrando o pau ...
Etiquetas CURSO 2025/26, DISFRAZ, ENTROIDO
PLANTAMOS
En Ciencias da Natureza estamos co tema das plantas. Así que hai uns días decidimos plantar unhas lentellas para ver o proceso de xerminación e os coidados que necesitan ter as plantas:
Etiquetas CCNN, CIENCIAS, CIENCIAS NATURAIS, CURSO 2025/26, PLANTAS
XOGOS POLA PAZ
Hoxe é o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, e no cole decidimos que a mellor forma de celebralo ademais do abecedario da paz que xa vos amosamos, era xogar a xogos do mesa cos nosos afillad@s.
Nós eleximos o xogo do Dobble para ensinarlles a xogar aos nosos afillad@s de terceiro de primaria. E despois foron eles os que nos ensinaron a xogar a distintos xogos que tiñan na clase ou trouxeran de casa.
Que ben o pasamos!
Etiquetas CURSO 2025/26, DÍA DA PAZ, XOGOS
METEREÓLOGOS POR UN DÍA
Sabedes que? En Ciencias Sociais estamos a aprender moitas cousas sobre o tempo e o clima así como os elementos que os determinan.
Para coñecer mellor o traballo dos metereólogos e os instrumentos cos que se miden os elementos do clima, decidimos construír unha estación metereolóxica caseira.
- Hugo Casal, Hugo Hermida, Ángel e Ian foron os encargados de fabricar o barómetro para medir a presión:
Etiquetas CIENCIAS, CIENCIAS SOCIAIS, CURSO 2025/26, ESTACIÓN METEREOLÓXICA
ABECEDARIO DA PAZ
Por mor do Día da Paz, ao longo da semana, entre todo o alumnado fixemos un abecedario da paz con palabras en distintos idiomas.
A nós tocáronnos as letras: H, J, Ñ e Z. Así que dividímonos en catro grupos e estas son as palabras que fixemos:
- H de HOOP que significa esperanza en holandés:
- J de JUSTICIA en castelán:
Etiquetas ABECE, CURSO 2025/26, DÍA DA PAZ






































.png)















