
Sabedes que? En Ciencias Sociais estamos a aprender moitas cousas sobre o tempo e o clima así como os elementos que os determinan.
Para coñecer mellor o traballo dos metereólogos e os instrumentos cos que se miden os elementos do clima, decidimos construír unha estación metereolóxica caseira.
- Hugo Casal, Hugo Hermida, Ángel e Ian foron os encargados de fabricar o barómetro para medir a presión:
- Noemi, Julia e Álex, encargáronse do viraventos ou cataventos para medir a dirección do vento:
- Xandre, Matilda, Izan e Martina Gil, fabricaron un anemómetro para medir a velocidade do vento:
- Martín e Roi crearon un termómetro para medir a temperatura:
- Valentina, Keila, Martína Fernández e Celia, fabricaron un higrómetro para medir a humidade:
- E para rematar, Darío, Mateo e Óliver, crearon un pluviómetro para medir as precipitacións:
Agora xa só nos falta probala. Funcionará?