SAN SILVESTRE
Hoxe tivo lugar no cole a 4º San Silvestre. Todos os nenos e nenas do cole así como os profes e as familias que puideron vir, participamos nela para celebrar que xa están aquí as vacacións de Nadal.
Podedes ver as fotos da xornada na páxina web do cole ou facendo clic na seguinte ligazón:
Etiquetas CURSO 2023/24, NADAL, NAVIDAD, SAN SILVESTRE
TARXETAS NAVIDEÑAS
Para felicitar as nosas familias, fixemos estas tarxetas de Nadal en 3D que atopamos na páxina de Krokotak:
Etiquetas CURSO 2023/24, NADAL, NAVIDAD, TARXETAS
TOLO CONTO DE NADAL
Hoxe disfrutamos do espectáculo de monicreques "TOLO CONTO DE NADAL" de Duende Sico grazas a ANPA. Todo o cole fomos ao patio cuberto e alí pasámolo fenomenal.
Podedes ver máis fotos na páxina web do cole ou facendo clic na seguinte ligazón:
Etiquetas CURSO 2023/24, MONICREQUES, TEATRO
DECORACIÓN NAVIDEÑA
Se por Samaín decoramos o cole cos nosos gatos monstruosos, esta vez o equipo de decoración de Nadal decidiu que a clase de quinto decorase os corredores con Papa Noeis.
Ollade que bonitos nos quedaron:
Etiquetas CURSO 2023/24, DECORACIÓN, NADAL
MES DA CIENCIA EN GALEGO
Como este mes é o mes da ciencia en galego, os alumnos e alumnas de quinto e sexto que somos voluntarios na biblioteca, fixemos uns experimentos durante os recreos para o resto de nenos e nenas do cole.
Podedes ver máis fotos no blogue da biblio:
Etiquetas CURSO 2023/24, EXPERIMENTOS, MES DA CIENCIA EN GALEGO
CONCURSO "GALICIA FEM"
Dentro das actividades que organiza o Concello de Neda de sensibilización e reivindicación do 25 N, os nenos e nenas de cuarto e quinto de primaria fomos ao CEIP San Isidro para disfrutar da recreación dun programa televisivo, o concurso "Galicia Fem". Tratouse dun espectáculo interactivo moi divertido no que axudando á concursante, puxemos a proba todo o que sabiamos sobre linguaxe inclusiva, mulleres galegas importantes e incluso sobre as diferencias de xénero.
1º CHARLA DO PLAN DIRECTOR
Hoxe recibimos a visita de Sara, unha garda civil, que veu para darnos unha charla informativa/formativa sobre o acoso escolar. Esta charla, a primeira das tres que nos van a dar (as outras dúas sobre outros temas que xa vos contaremos), pertence ao "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos".
Durante a charla, quedounos moi clariño que o acoso escolar é calquer tipo de agresión non só a física senón tamén a verbal (insultar, poñer motes, humillar ou inventar rumores sobre un compañeir@ tanto en persoa como por whatssapp, nas redes sociais,....) e a psicolóxica (aillar a un compañeiro, non deixalo xogar,....) coa intención de facer dano.
E sabedes que? É tan culpable a persoa que agrede como as testemuñas, é dicir, aquelas persoas que saben o que está a suceder e non fan nada para impedilo.
Se estamos sufrindo acoso escolar ou sabemos de alguén ao que lle pase, o primeiro que hai que facer e falar cun adulto co que teñamos confianza e non responder tamén con violencia xa que magnificariamos o problema e non o arreglaríamos.
Nas nosas mans está parar o acoso escolar.
TALLERES TECNOLAB E A QUÍMICA E A COSMÉTICA
Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria fomos ao CIS Tecnoloxía e Deseño un organismo que pertence a Axencia Galega de Innovación para facer dous talleres.
Os de quinto comezamos co taller de TECNOLAB. Alí aprendimos moitas cousas sobre electrónica e placas programables educativas como Microbit. Primeiro aprendimos a programar un saúdo na placa, a controlar luces e sinais inalámbricas e para finalizar nos enfrontamos ao reto de construir un sistema de alarma que resistise a instrusión.
O segundo taller foi sobre A QUÍMICA E A COSMÉTICA. Na primeira parte aprendimos dun xeito divertido as principais características da materia e a súa estructura interna: os átomos, os estados da materia e os cambios de estado :
a) Descubrimos que non todos os gases pesan o mesmo a través de demostracións con helio para comprobar a súa lixereza e estabilidade e mesturando bicarbonato e vinagre para xenerar dióxido de carbono co que podemos apagar velas de xeito case máxico, démonos conta de que os gases son invisibles utilizando un bazooka de aire e unha máquina de fume )
b) Observamos distintas propiedades dos líquidos como o PH e a densidade: calculamos distintos pH e creamos unha columna de densidades .
c) Aprendimos as principais características dos sólidos.
d) Vimos demostraciones "máxicas" con reactivos como a nitrocelulosa.
e) Por último elaboramos unas bombas de baño para descubrir a importancia da química en cousas tan cotiás como os cosméticos.
Fai clic na imaxe para ver algunhas fotos da xornada:
Etiquetas CCNN, CCSS, CIS, CURSO 2023/24, EXPERIMENTOS, SAÍDAS
FACEMOS UNHA CROMATOGRAFÍA
No tema das plantas descubrimos que as plantas son verdes porque as súas células teñen uns orgánulos chamados cloroplastos que á súa vez conteñen clorofila.
Para ver de onde saía esa cor verde fixemos unha cromatografía.
1º) Cortamos as follas de espinacas en anaquiños pequenos e puxémolos nun vaso de papel.
2º) Engadimos alcol e unha pouquiña auga ata cubrir os anaquiños e removimos ben cunha culler.
3º) Coamos a mestura e deixamos repousar un rato.
4º) Por último, cortamos unha tira de papel de filtro, pegámola a un pauciño e a colocamos en posición vertical (apoiando o pau no vaso) de forma que só quede o extremo en contacto coa mestura.5º) Deixámolo nesa posición sen tocalo polo menos media hora e no papel de filtro, puidemos ver manchas de cor verde e tamén manchar de cor laranxa ou marrón, nuns papeis máis definidas que noutros.
Que pasou?
A acetona, disolveu as substancias que lle dan cor ás follas. Estas substancias, foron arrastradas cara arriba do papel a medida que a acetouna as empapaba.
Este experimento permitiunos ver por unha banda que en realidade hai dous tipos de clorofila, a A de cor verde escura, e a B, máis brillante e pola outra, que ademais as follas tamén adoutan ter outras substancias que dan cores alaranxadas, chamadas carótenos.
Para rematar plasmamos nunha folla todo o experimento:
Etiquetas CCNN, CROMATOGRAFÍA, CURSO 2023/24, EXPERIMENTOS
APADRIÑAMENTO LECTOR EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS
Etiquetas ANIMACIÓN LECTORA, APADRIÑAMENTO LECTOR, BIBLIOTECA, CURSO 2023/24
2ª CARTA DE MACÍN
Etiquetas ANIMACIÓN LECTORA, BIBLIOTECA, CURSO 2023/24, MACÍN
CELEBRAMOS O SAMAGOSTÍN
O día 31 celebramos no cole a festa do SAMAGOSTÍN. As primeiras horas vimos na clase a película de MONSTER HOUSE. Aquí tedes un tráiler da mesma:
E xa a media mañá degustamos ricas castañas asadas e boliños preñados. Podedes ver algunhas fotos da xornada facendo clic na foto de abaixo:
Etiquetas CURSO 2023/24, SAMAGOSTÍN
EXPOSICIÓN LUZ NEGRA
Os nenos e nenas de Educación Infantil, durante o primeiro trimestre estiveron a traballar á artista xaponesa Yayoi Kusama na secuencia anual de arte.
E para que todos coñecésemos o grandes artistas que son, as súas profes fixeron unha exposición de luz negra coas cabazas realizadas polos peques.
Gustounos moitísimo!!!!!
Etiquetas CURSO 2023/24, EXPOSICIÓN, YAYOI KUSAMA
DECORAMOS A CLASE PARA O SAMAÍN
Etiquetas CURSO 2023/24, DECORACIÓN, SAMAÍN