OBRADOIRO SOBRE MICROMACHISMOS
Co gallo do día da muller, dentro do programa "Neda, pola igualdade real", tivemos no cole un obradoiro sobre micromachismos,é dicir, todos eses pequenos xestos e expresións sexistas que contribúen a perpetuar os roles de xénero.
Durante preto dunha hora, a través de diferentes dinámicas, falamos de conceptos como machismo, feminismo, estereotipos e igualdade; cubrimos unha enquisa e posteriormente comentamos os resultados, analizamos as letras dalgunhas cancións de moda, moitas das cales son machistas e fixemos un rol playing.
Como agasallo de despedida, deixáronnos unha caixa violeta, para meter nela todo o que observemos relacionado cos micromachismos.
0 comments:
Publicar un comentario