0 comments

ENTROIDADAS

Un ano máis, o profe Antonio, sorprendeunos a todos, con estas divertidísimas fotomontaxes, das que non se librou NIN A PROFE!!!!!!!

0 comments

MÁSCARAS CON OVEIRAS

Na clase de plástica, fixemos unhas fermosas máscaras con oveiras. Non o credes? Ollade, ollade:


0 comments

CALENDARIO


A estas alturas, faltábanos por ensinarvos, o bonito calendario que temos na clase, ilustrado con imaxes de deportes olímpicos. As clases do segundo e terceiro ciclo tiñan que aportar dous debuxos e as de infantil e primeiro ciclo, un debuxo cada unha.

Nalgunhas clases, elexiuse  por votación o debuxo de que rapaz ía ilustrar o calendario, pero nós, preferimos facer DOUS DEBUXOS COLECTIVOS para que todos puidésemos participar no mesmo.

Ollade que bonito é:



Como puidéchedes ver, a nosa aportación aos mesmo está no mes de Xaneiro, con este fermoso debuxo sobre Ximnasia Rítmica feito por Alba, Ainoa, Carmen e Enma:


E no mes de abril, cun non menos fermoso debuxo sobre  a ESGRIMA, que é o deporte do que nos tocou investigar, feito por Miguel, Adrián, Yago, Sheila, Aitana e Paz:


QUE VOS PARECEN? GÚSTANVOS?

0 comments

ORDES DO MECO DÍA 3

E chegamos ao terceiro día das ordes do Meco. Hoxe tiñamos que traer algo colorido e elegante na cabeza, algunha prenda do revés e  algo que fixese ... MOITO RUÍDOOOOOOOOOOOOO!!!!!!!



E para mañá:


0 comments

ORDES DO MECO DÍA 2

Seguindo as ordes do Meco, hoxe tiñamos que vir con algo na cabeza colorido e elegante como onte pero ademais cunha prenda do revés, por encima, do diante para atrás, ... E como podedes ver, absolutamente todos o cumprimos, ata a profe que viña coa camisa do revés!!!!!!


Onte Marshall, prometeunos que se todos viñamos así,  traería a súa mangueira para mollarnos e nos mollou claro:


E que temos que levar mañá?


0 comments

ORDES DO MECO DÍA 1

Lembrades que o MECO onte ordenounos que hoxe tiñamos que traer a cabeza colorida e elegante? Pois ben, todos cumprimos o mandato. Non o credes? Ollade, ollade:


E como podedes ver , fixémolo tan ben, que ademais de recibir a visita da deportista de onte, hoxe pasou a visitarnos ... MARSHALL da PATRULLA CANINA en persoa, montando no seu coche de bombeiros e por suposto, todos quixemos quitar unha foto con el.

Marshall, aproveitou a visita para dicirnos a orde para mañá:


Así que mañá ... TOD@S CUNHA PRENDA DO REVÉS.

1 comments

ENTROIDO 2017: ÓRDENES DO MECO


Hoxe, cando chegamos ao cole, encontrámonos nin máis nin menos que coa PATRULLA CANINA (feito unha vez máis polas mamás e papás tan traballador@s que temos na ANPA) ,que nos vai a acompañar nas MACIOLIMPIADAS, que é a temática elexida este ano para o noso disfrace por mor do proxecto que estamos a facer dende a biblioteca das OLIMPÍADAS.

Ademais, a primeira hora, cando estabamos en clase de Lingua Galega, tivemos unha visita inesperada. Veu a visitarnos, nin máis nin menos, que unha deportista chegada do lonxano monte Olimpo en Grecia, para dicirnos que tiñamos que traer mañá:


Así que xa sabedes rapaces e rapazas, mañá todos con algo COLORIDO e ELEGANTE na CABEZA.

0 comments

O APARATO RESPIRATORIO: FABRICAMOS UN PULMÓN ARTIFICIAL

Imaxe de Anaya

Despois de rematar co aparato dixestivo, comezamos co aparato respiratorio e a respiración. Na primeira sesión vimos dous videos, este de Happy Learning:


E este de Óscar Alonso do fabuloso blog La Eduteca:


Con eles, e unha maqueta que fixo a profe aprendimos cales eran as partes do aparato respiratorio. Observamos que as palliñas representaban os bronquios, os dous globos os pulmóns, a botella a capacidade torácica e o globo de abaixo o diagragma. E tamén que se tirabamos do globo cara abaixo os globos inchábanse un pouquiño simulando a INSPIRACIÓN e que se faciamos o contrario, os globos desinchábanse simulando a ESPIRACIÓN.


Para que non se nos olvidasen cales eran as partes do aparato respiratorio, debuxámolas na libreta:


A maqueta da profe gustounos moito, así que nós tamén quixemos facer unha. Por iso, na segunda sesión fabricamos este sinxelo pulmón artificial para experimentar como era o proceso da respiración.
E como queremos seguir aprendendo sobre o Aparato Respiratorio que mellor que con estes recursos:

1 comments

QUE É PARA TI A AMIZADE?


Hoxe, día da Amizade ou de San Valentín, na clase de galego fixemos unha ficha que atopamos en inglés de Valerie King e que nós modificamos un chisquiño e pasamos ao galego. Nela tivemos que poñer que era para nós a amizade, que entendemos por amigo, poñer algúns dos nosos amig@s e tamén palabras relacionadas coa amizade e o amor.

Esta é a ficha orixinal de Valerie King:


E estas son as nosas:






O resto, que todavía non están rematadas, amosarémosvolas nos vindeiros días.

0 comments

O RETO DA MILLA


Sabiades que España é o segundo país con máis nenos con sobrepeso de Europa, despois de Grecia?  Para concienciarnos deste gran problema (según a OMS, un dos problemas de saúde publica a nivel mundial máis grandes deste século) , o noso cole participa este ano no "RETO DA MILLA"

Este programa , cuxo obxectivo principal e mellorar a súa saúde física, emocional e social por medio da diversión e o compañerismo e axudalos a adquirir hábitos máis saudables, quere abordar a obesidade infantil dun xeito divertido, sinxelo e eficaz, animando a  toda a clase a correr, saltar, camiñar,... unha milla (1,600 km) ao día. 

Por que unha milla vos preguntaredes? Elexiuse unha milla en honor ao programa escolar "The Daily Mile", unha iniciativa xurdida en 2012 en Reino Unido co mesmo propósito de combater a obesidade infantil. Este programa tivo tanto éxito que en poucas semanas os alumnos melloraron a súa forma física notablemente e actualmente conta con máis de 800 colexios inscritos.
(Información obtida da páxina "Las escuelas de la milla")

EN QUE CONSISTE O RETO?

O obxectivo consiste en que axudemos aos nosos alumnos a percorrer unha milla diaria. Para iso, proponse un reto mensual durante os 5 meses que dura o programa:

Febreiro: percorrer unha milla un día cada semana do mes.
Marzo: percorrer unha milla dous días cada semana do mes.
Abril: percorrer unha milla tres días cada semana do mes.
Maio: percorrer unha milla catro días cada semana do mes.
Xuño: percorrer unha milla cinco días cada semana do mes. A MILLA DIARIA!!!!!!

Pódese facer en calquera momento ao longo da mañá: a primeira hora, entre clases, no recreo,... No cole establecimos tres percorridos según o tempo:

- Se chove, hai que facer 24 voltas (12 de ida e 12 de volta) ao porche do colexio.
- Se non chove pero o campo está mollado, hai que facer 8 voltas arredor do colexio.
- E finalmente, se vai bo tempo, hai que facer 5 voltas a un circuito marcado polo campo.

Nós comezamos a semana pasada facendo dous días en lugar de un, porque a semana anterior por mor do temporal, estaban prohibidas as actividades ao aire libre e non puidemos facela. Así que tanto o mércores como o venres, as 9 da mañá fomos a percorrer a nosa milla acompañados dos nenos e nenas de terceiro e da súa profe Carmen:


CONSEGUIRÉMOLO?

0 comments

OS ALIMENTOS E O APARATO DIXESTIVO

En Ciencias Naturais estamos a ver o tema da nutrición. Aprendimos que son os nutrientes e tamén a clase de alimentos que hai segundo os nutrientes que conteñen, é dicir, ENERXÉTICOS, CONSTRUTIVOS e REGULADORES.

 Para lembrar que alimento formaba parte de cada grupo, fixemos unha roda dos alimentos con imaxes que atopamos en folletos de supermercados:


Despois pegámola nunha cartolina, recortámola e por detrás de cada grupo puxemos o seu nome, os nutrientes que contiña e que nos aportaba.


A continuación pasamos ao estudo do aparato dixestivo e da dixestión. Grazas a unha maqueta que hai no cole, puidemos ver como eran as partes que o forman:


Con videos como este, aprendimos como tiña lugar o proceso da dixestión:


E con todo o aprendido, fixemos un despregable que pegamos na libreta:


A idea orixinal é de K5- Sciencie Store, e en Teacherspayteachers.com pódese descargar gratuitamente a plantilla.

Nós deixamos a portada exactamente igual pero traducida ao galego e  cambiamos  a imaxe de dentro por outra que atopamos en internet.

Estas son as plantillas que utilizamos nós:



E por se alguén quere saber o texto que puxemos:


Para seguir aprendendo , aquí tedes unha selección de recursos:

APARATO DIXESTIVO

http://www.supersaber.com/digestivo.htm

http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/pizarradigital/AparatoDigestivo/organos/a_digestivo_p.html
http://www.e-junior.net/juniornet/anatomy/swf/Bsdigest.swf
http://www.dibujosparapintar.com/juegos_ed_nat_sistema_digestivo.html
http://www.joaquincarrion.com/Recursosdidacticos/QUINTO/datos/02_Cmedio/datos/05rdi/ud03/03.htm
http://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/pizarradigital/AparatoDigestivo/organos/a_digestivo_ep.html

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/juegos_jcyl/cuerpo_uri/aparato_plus.html
http://cplosangeles.juntaextremadura.net/web/edilim/curso_2/cmedio/alimentacion02/digestivo02/digestivo02.html
http://www.bromera.com/tl_files/activitatsdigitals/Natura_4c_PF/natura4_cas_u05_pag10.swf

Sopa de letras feita con EDUCAPLAY

ALIMENTACIÓN