O RETO DA MILLA


Sabiades que España é o segundo país con máis nenos con sobrepeso de Europa, despois de Grecia?  Para concienciarnos deste gran problema (según a OMS, un dos problemas de saúde publica a nivel mundial máis grandes deste século) , o noso cole participa este ano no "RETO DA MILLA"

Este programa , cuxo obxectivo principal e mellorar a súa saúde física, emocional e social por medio da diversión e o compañerismo e axudalos a adquirir hábitos máis saudables, quere abordar a obesidade infantil dun xeito divertido, sinxelo e eficaz, animando a  toda a clase a correr, saltar, camiñar,... unha milla (1,600 km) ao día. 

Por que unha milla vos preguntaredes? Elexiuse unha milla en honor ao programa escolar "The Daily Mile", unha iniciativa xurdida en 2012 en Reino Unido co mesmo propósito de combater a obesidade infantil. Este programa tivo tanto éxito que en poucas semanas os alumnos melloraron a súa forma física notablemente e actualmente conta con máis de 800 colexios inscritos.
(Información obtida da páxina "Las escuelas de la milla")

EN QUE CONSISTE O RETO?

O obxectivo consiste en que axudemos aos nosos alumnos a percorrer unha milla diaria. Para iso, proponse un reto mensual durante os 5 meses que dura o programa:

Febreiro: percorrer unha milla un día cada semana do mes.
Marzo: percorrer unha milla dous días cada semana do mes.
Abril: percorrer unha milla tres días cada semana do mes.
Maio: percorrer unha milla catro días cada semana do mes.
Xuño: percorrer unha milla cinco días cada semana do mes. A MILLA DIARIA!!!!!!

Pódese facer en calquera momento ao longo da mañá: a primeira hora, entre clases, no recreo,... No cole establecimos tres percorridos según o tempo:

- Se chove, hai que facer 24 voltas (12 de ida e 12 de volta) ao porche do colexio.
- Se non chove pero o campo está mollado, hai que facer 8 voltas arredor do colexio.
- E finalmente, se vai bo tempo, hai que facer 5 voltas a un circuito marcado polo campo.

Nós comezamos a semana pasada facendo dous días en lugar de un, porque a semana anterior por mor do temporal, estaban prohibidas as actividades ao aire libre e non puidemos facela. Así que tanto o mércores como o venres, as 9 da mañá fomos a percorrer a nosa milla acompañados dos nenos e nenas de terceiro e da súa profe Carmen:


CONSEGUIRÉMOLO?

btemplates