0 comments

A NOSA CLASE: O RINCÓN DA BIBLIOTECA

Pouco a pouco iremos amosándoos como temos organizada a nosa clase. Por unha banda temos o rincón da biblioteca, con libros axeitados á nosa idade e as súas normas de utilización:


E pegado, na porta do armario do lado, o lectómetro que tan ben nos funciona e que polo de agora todavía está baleiro:


Este material de elaboración propia, está baseado no realizado por Isabel Bermejo do blog EL LAPICERO MÁGICO, e podedes descargalo aquí:

 Este ano como novidade utilizaremos esta ficha de lectura,  tamén de Isabel Bermejo :
http://lapiceromagico.blogspot.com.es/2016/02/libro-ficha-de-lectura.html

E este rexistro individual de lectura, de Óscar Alonso do blogue "La eduteca":
http://laeduteca.blogspot.com.es/2017/09/maletin-del-profe-registro-individual.html

0 comments

APRENDEMOS VOLEIBOL


O martes da semana pasada, tivemos a gran sorte de contar no cole con tres grandes xogadores de Voleibol do Equipo Aldebarán de San Sadurniño que foi gañador da Copa do Príncipe, no 2016 : Uxío Garcia ( o capitán e balón de ouro no 2016), Vitali Kobzev e Renato Mendes que nos ensinaron moitísimas cousas sobre o Voleibol.

Ollade canto aprendimos e que ben o pasamos:

0 comments

DIVERMAXIA CO MAGO PACO


O pasado luns, dentro do programa "LER CONTA MOITO" cuxo fin é fomentar a lectura e dinamizar as bibliotecas escolares, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria, fomos á Casa da Cultura de Neda a ver ao Mago Paco (Fran Otero) e o seu espectáculo Divermaxia: A illa dos nenos.

Ao longo de case hora e media, disfrutamos dun espectáculo de maxia e humor a través de contos como: O capitán Calabrote, Son un artista, A maxia de cores, Tres galiñas e un pavo,... no que algúns dos nenos e nenas do noso cole participaron activamente convertíndose en magos por uns intres.

Aquí podedes ver algunhas fotos:


(Podedes ver a presentación a pantalla completa, poñendo o rato enriba e clicando nos dous recadros de abaixo á dereita)

3 comments

DÍA INTERNACIONAL DO PUNTO I


O venres celebramos o Día Internacional do Punto en compañía dos nosos compañeiros e compañeiras de cuarto de Educación Primaria. Para aquelas persoas que non o saiban, este día celébrase todos os anos  en moitos países, arredor do 15 de setembro, para fomentar a creatividade , tomando como base o libro "El punto" de Peter Reynolds.

Ao igual que en anos anteriores, Miren do blog "La clase de Miren" e máis eu decidimos organizalo conxuntamente e coas mesmas actividades para poder comparar a experiencia en distintos niveis: ela en Educación Infantil e nós en 5º de Primaria.

Para celebralo, reunímonos os doua cursos na aula de informática. Alí, lembramos o conto, con este video de Beatriz Quintero e falamos sobre el:



A seguinte actividade, foi facer unha MANDALA utilizando a técnica do MONOTIPO (Estampación por contacto dunha imaxe feita nun soporte ríxido antes de que se seque a pintura).

Primeiro, cortamos uns círculos grandes en cartón duro, forrámolos con papel de aluminio e pegámoslle por detrás un asa feito con cinta aillante:


A continuación, mesturamos nas paletas tres cores: amarelo, laranxa e vermello e pintamos a superficie prateada:


Cun bastonciño de algodón, fixemos o deseño da nosa mandala:


E estampamos en cartolina branca. Aínda que non saíron os resultados que esperabamos, quedaron moi bonitos igual, non si?


Unha vez secos, recortámolos en pegámolos no cartón que utilizamos para estampar, unha vez retirado o papel de aluminio. Pola parte de atrás, pegamos o noso nome escrito coa fonte CIRCLE CAPS que podedes descargar premendo no seu nome:



E levamos para casa, estes chulísimos marcapáxinas que preparamos:


Ademáis, na clase de Lingua Castelá fixemos outro traballiño relacionado que vos amosaremos na seguinte entrada.

Idea orixinal da mandala:
 http://www.teachkidsart.net/monoprint-mandalas/

2 comments

VOLTA ÁS CLASES


Despois do necesario parón vacacional, mañá dan comezo de novo as clases. Estades preparados para comezar? Tedes as pilas ben cargadiñas? Espero que sí.

Botade un vistaciño á xenial receita para a volta ao cole que nos ofrecen na páxina de Rayuela.org . Podedes descargala en PDF clicando na imaxe ou na ligazón inferior:

http://www.rayuela.org/images/granitos-de-arena/mas_informacion/files/164_receta-para-la-vuelta-al-cole.pdf
http://www.rayuela.org/images/granitos-de-arena/mas_informacion/files/164_receta-para-la-vuelta-al-cole.pdf

E aquí tedes o calendario escolar para este curso en Galicia:

Imaxe de Pillip Martin

VÉMONOS MAÑÁ!!!!!