DÍA INTERNACIONAL DO PUNTO I

18 setembro 2017


O venres celebramos o Día Internacional do Punto en compañía dos nosos compañeiros e compañeiras de cuarto de Educación Primaria. Para aquelas persoas que non o saiban, este día celébrase todos os anos  en moitos países, arredor do 15 de setembro, para fomentar a creatividade , tomando como base o libro "El punto" de Peter Reynolds.

Ao igual que en anos anteriores, Miren do blog "La clase de Miren" e máis eu decidimos organizalo conxuntamente e coas mesmas actividades para poder comparar a experiencia en distintos niveis: ela en Educación Infantil e nós en 5º de Primaria.

Para celebralo, reunímonos os doua cursos na aula de informática. Alí, lembramos o conto, con este video de Beatriz Quintero e falamos sobre el:



A seguinte actividade, foi facer unha MANDALA utilizando a técnica do MONOTIPO (Estampación por contacto dunha imaxe feita nun soporte ríxido antes de que se seque a pintura).

Primeiro, cortamos uns círculos grandes en cartón duro, forrámolos con papel de aluminio e pegámoslle por detrás un asa feito con cinta aillante:


A continuación, mesturamos nas paletas tres cores: amarelo, laranxa e vermello e pintamos a superficie prateada:


Cun bastonciño de algodón, fixemos o deseño da nosa mandala:


E estampamos en cartolina branca. Aínda que non saíron os resultados que esperabamos, quedaron moi bonitos igual, non si?


Unha vez secos, recortámolos en pegámolos no cartón que utilizamos para estampar, unha vez retirado o papel de aluminio. Pola parte de atrás, pegamos o noso nome escrito coa fonte CIRCLE CAPS que podedes descargar premendo no seu nome:



E levamos para casa, estes chulísimos marcapáxinas que preparamos:


Ademáis, na clase de Lingua Castelá fixemos outro traballiño relacionado que vos amosaremos na seguinte entrada.

Idea orixinal da mandala:
 http://www.teachkidsart.net/monoprint-mandalas/

3 comentarios:

La seño Vanespecial dixo...

Me ha encantado Ana!!!😍😍😍👏🏼👏🏼👏🏼👏🏼😘😘😘

Ana Martínez dixo...

Muchas gracias, Vane. Feliz semana!

Mirian Cartagena dixo...

Estupenda idea para hacer impresiones, con tu permiso me la llevo para mi blog.
Saludos.