0 comments

NOVO PROXECTO: GALICIA MÁXICA

Este ano, o proxecto xeral de centro, promovido polos Equipos de Dinamización da Biblioteca e da Lingua Galega,  xira en torno á GALICIA MÁXICA e SERES MITÓLOXICOS que habitan nela.

A principios de curso, apareceu una carta enriba da mesa de Ainoa: era do Mago Macín, a mascota da nosa biblioteca.


Nela nos dicía que este ano iamos aprender moitísimas cousas sobre os Seres Mitolóxicos galegos e para empezar e aproveitando o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, pedíanos dúas cousas:

1º) Que resolvésemos unas adiviñas para saber que seres mitolóxicos imos a coñecer.

2º) Que entre todos debuxásemos á  personaxe da nosa clase e que escribísemos a adiviña sobre ela para o mural colectivo do proxecto.

Para atopar as adiviñas, a profe fixo unha caza do tesouro por todo o colexio. Primeiro preparou unas tarxetas que tivemos que escanear co seu teléfono móvil e a aplicación I-nigma:


En cada tarxeta, viñan unhas pistas para atopar as adiviñas agoñadas. Estas son as pistas:


E así as buscamos:


Unha vez que atopamos todas, a última estaba na nosa clase, sentámonos e límolas intentando atopar a resposta:


Algunhas foi moi doadas resolvelas pero outras non tanto. Queredes saber a solución? Ollade, ollade:


Grazas a iso, descubrimos que cada unha das clases, ía aprender sobre un personaxe mitolóxico. Os trasnos e o Apalpador en Educación Infantil, os alicornios en 1º, as fadas  en 2º, as xacias e xacios en 3º, as meigas en 4º, o lobishome en 6º e nós, o sacaúntos ou home do saco.

Con isto, cumprimos a primeira petición do Mago Macín pero todavía nos quedaba a segunda, pero esa.... amosarémola na seguinte entrada.

4 comments

EXPERIMENTAMOS: FACEMOS UNHA CROMATOGRAFÍA


En Naturais estamos a estudar e aprender cousas sobre os seres vivos e as plantas. Estes días andamos a voltas coa Fotosíntese e descubrimos que para fabricar o seu alimento, ademais do zume bruto (auga e sales minerais) e de dióxido de carbono, as plantas tamén necesitan a enerxía solar e que a encargada de aborbela para realizar este proceso, é a Clorofila.

Aprendimos que a clorofila é unha substancia de cor verde que teñen as follas responsable da característica cor verde das plantas.

Como non o tiñamos moi claro, decidimos facer una CROMATOGRAFÍA e así extraer e observar a clorofila das plantas.

Queredes saber como o fixemos? Ollade, ollade:


2 comments

ODAIKO


Este venres, acompañados dos nosos compañeiros e compañeiras de 4º e 6º de Educación Primaria, fomos á Casa da Cultura para ver a actuación do grupo percusionista ODAIKO, "Invención".

Durante preto dunha hora, disfrutamos dunha divertidísima posta en escea e ao mesmo tempo da súa gran actuación como percusionistas con caixóns, caixas chinesas, unha marimba, unha batería feita con cubos de plástico, tubos musicais, as mans, os pés, .... que nos fixeron vibrar nos asentos.

Pasámolo fenomenal.


Tedes que perdoar a calidade das fotos que non é moi boa pero sempre pasa o mesmo coa luz da Casa da Cultura.

Aquí vos deixamos un video promocional do grupo para que vexades que ben o fan e que divertidos son.

0 comments

ÁRBORES DE OUTONO


Durante o outono, na clase de Plástica estivemos a facer árbores utilizando as cores frías e cálidas propias desta estación.

Primeiro, coloreamos toda folla, utilizando cores como o laranxa, vermello, amarelo, ... facendo distintos patróns:

A continuación, pintamos a silueta dunha árbore utilizando témpera negra:


E para rematar, pegamos por encima, follas feitas coa troqueladora e un borde de cor marrón:


QUE VOS PARECEN?

2 comments

MORCEGOS DE ORIGAMI


O vindeiro 31 de outubro, celebraremos no cole a festa do Samaín ou Halloween para os ingleses. Como este ano decidiuse que todas as clases decoraran as súas portas, na clase de Plástica , comezamos facendo estes sinxelos morcegos utilizando a técnica do origami.

A que nos quedaron ben xeitosiños?

Queredes sabes como os fixemos? Aquí vos deixamos o titorial que seguimos para facelos:

4 comments

CONTAMOS E RECOLLEMOS CONTOS NADOS NO CAMIÑO


O pasado xoves, cinco de outubro, as clases de terceiro, cuarto, quinto e sexto do cole, participamos no programa: "Contamos e recollemos contos nados no camiño", posto en marcha pola Xunta de Galicia co fin de dar a coñecer o Camiño de Santiago aos escolares de toda a Comunidade e tamén convertilos en contadores daquelas narracións e contos que poidan coñecer os seus familiares, ou que existan nos concellos nos que viven. A actividade consistiu e percorrer a pé un tramo do Camiño Inglés representativo do fito Xacobeo, cercano á ubicación do noso centro.

O bus recolleunos no cole e deixounos preto do Albergue de Peregrinos. Dende alí, acompañados polo coñecido contador de historias Inacio Vilariño e de Mariola, percorrimos o Camiño, primeiro ata a Igrexa de Santa María e despois, vendo que non estabamos cansos, continuamos un pouquiño máis polo centro do pobo.

Durante a camiñata, fixemos varias paradas nas que Inacio cantounos e contounos divertidas historias e lendas á vez que nos falaba da importancia do coidado e da conservación das rutas xacobeas e do seu gran valor dende a fauna e a flora ata a toponimia.

Aquí vos deixamos algunhas das imaxes: 

CONTOS NADOS NO CAMIÑO by Slidely Slideshow

3 comments

MARCAPÁXINAS E ESLOGANS LECTORES


Para os nosos libros da biblioteca de aula, sempre temos uns bonitos páxinas. Este ano, os nosos marcapáxinas son personalizados cen por cen.

Pola parte de diante, teñen escrito o noso nome utilizando a fonte: KG SECOND CHANCES. O deseño é de Catherine Reed do blog THE BROWN BAG TEACHER:


Pero a diferencia dos seus, nós pola parte de atrás en vez de poñer un poema, inventamos un eslogan:











E por suposto, para que non se non estropeasen co uso, plastificámolos.

QUE VÓS PARECEN? GÚSTANVOS?

3 comments

AS NORMAS DE CLASE


Como todos os anos, unha das primeiras actividades que facemos ao comezar o novo curso, é consensuar entre tod@s cales van a ser as nosas normas de clase comprometéndonos a cumprilas.

Estas son as nosas normas de clase que dixemos cada un de nós:













Para telas sempre presentes e que non se nos olviden, pegámolas na porta da estantería:

2 comments

O COMPAÑEIRO INVISIBLE: UTILIZANDO CÓDIGOS QR

Outra das actividades que fixemos a principio de curso, foi unha actividade que se titula: O compañeiro invisible que atopamos no blog LÁPIZ  DE ELE e que podedes descargar clicando na imaxe:
https://drive.google.com/file/d/0B-ft6OmBVuGqZ1hZUDBvUVdYVTg/view

Primeiro, cada persoa, elexiu un código QR, escaneouno coa aplicación i-nigma que ten a profe no seu teléfono móbil, e viu a fotografía do compañeiro ou compañeira que lle tocaba:


A continuación, sen desvelar o seu nome, escribiu información sobre o compañeir@ que lles tocou, tendo que inventar a maioría dos datos e tamén facerlle un retrato. Unha vez que todos remataron, dobraron a ficha e escribiron  o nome da persoa que lles tocou sen que ninguén os vise.


Para finalizar, cada alumn@ recibiu a ficha que cubriu o seu compañeiro,  leuna en voz alta e correxiu a información errónea.

Foi moi divertido ver canto nos coñecían os nosos compañeiros e compañeiras.

1 comments

APRENDEMOS ORTOGRAFÍA


Como á profe, ás veces dóenlle moito os ollos cando ve as faltas de ortografía que cometemos, este ano, imos practicar moita ortografía tanto en lingua castelá como en lingua galega.
Que como o faremos?

- Na clase temos pegamos dous murais da editorial SM, "O mundo das palabras" (para galego) e "A árbore das palabras" (para lingua castelá). Nas lecturas aparecen unhas palabras de PON ATENCIÓN porque teñen algunha dificultade ortográfica. Pois ben, esas son as palabras que imos traballar en cada tema e ademais todas aquelas que xurdan.


1º) Escribímolas na pizarra, observamos como se escriben e vemos onde está a dificultade. A continuación proxectamos na PDI unha presentación de ditas palabras e xogamos a DELETREALAS CARA ADIANTE E CARA ATRÁS:


2º) Vemos os IDEOGRAMAS de ditas palabras. Observamos as imaxes e falamos sobre elas. Por que puxeron esas e non outras, en que se parecen,... e pegámolos no MURAL CORRESPONDENTE:


3º) Pola parte de atrás da libreta, copiamos no noso DICIONARIO ORTOGRÁFICO as palabras poñendo en distinta cor a letra ou letras que presentan dificultade.

Por exemplo: edad

4º) O encargad@ do día lanza o dado xigante que temos na clase:


E segundo o número que saia, seguindo unha idea de Óscar do blog LA EDUTECA, isto é o que temos que facer:
5º) Ao longo da semana, a profe dítanos as palabras e nós copiámolas nas pizarras brancas recicladas que fixemos aproveitando caixas vellas de DVDs e pompóns pegados ao rotulador como borradores:


Tamén faremos DITADOS POR PARELLAS,  correxiremonos entre nós, xogaremos ao AFORCADO coas palabras do noso dicionario ortográfico, ....

Credes que conseguiremos mellorar a nosa ortografía?