NOVO PROXECTO: GALICIA MÁXICA
Este ano, o proxecto xeral de centro, promovido polos Equipos de Dinamización da Biblioteca e da Lingua Galega, xira en torno á GALICIA MÁXICA e SERES MITÓLOXICOS que habitan nela.
A principios de curso, apareceu una carta enriba da mesa de Ainoa: era do Mago Macín, a mascota da nosa biblioteca.
Nela nos dicía que este ano iamos aprender moitísimas cousas sobre os Seres Mitolóxicos galegos e para empezar e aproveitando o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, pedíanos dúas cousas:
1º) Que resolvésemos unas adiviñas para saber que seres mitolóxicos imos a coñecer.
2º) Que entre todos debuxásemos á personaxe da nosa clase e que escribísemos a adiviña sobre ela para o mural colectivo do proxecto.
Para atopar as adiviñas, a profe fixo unha caza do tesouro por todo o colexio. Primeiro preparou unas tarxetas que tivemos que escanear co seu teléfono móvil e a aplicación I-nigma:
En cada tarxeta, viñan unhas pistas para atopar as adiviñas agoñadas. Estas son as pistas:
E así as buscamos:
Unha vez que atopamos todas, a última estaba na nosa clase, sentámonos e límolas intentando atopar a resposta:
Algunhas foi moi doadas resolvelas pero outras non tanto. Queredes saber a solución? Ollade, ollade:
Grazas a iso, descubrimos que cada unha das clases, ía aprender sobre un personaxe mitolóxico. Os trasnos e o Apalpador en Educación Infantil, os alicornios en 1º, as fadas en 2º, as xacias e xacios en 3º, as meigas en 4º, o lobishome en 6º e nós, o sacaúntos ou home do saco.
Con isto, cumprimos a primeira petición do Mago Macín pero todavía nos quedaba a segunda, pero esa.... amosarémola na seguinte entrada.
0 comments:
Publicar un comentario