DEBUXOS CONTRA O CANCRO INFANTIL

27 febreiro 2018


O pasado domingo día 11, o Concello de Neda organizou unha gala benéfica contra o cáncro infantil  baixo o lema "Que a loita vos acompañe, supereroes",  na que se recaudaron máis de 3.500 euros que se destinarán a proxectos de investigación en este campo.


Ese mesmo día, entregáronse os premios do concurso de debuxo no que participaron nenas e nenas do colexio de San Isidro e do noso centro.

Na nosa clase, quixemos participar case todos porque nos dixeron que os nosos debuxos despois de ser expostos na gala, ían ir aos hospitais para os nenos e nenas que están alí internos.









A que son todos moi bonitos, non si? Pois o primeiro de todo que ilustra esta entrada, da nosa compañeira Alba, resultou premiado no concurso. Aquí a temos, posando co seu diploma e o seu agasallo:


A nosa noraboa para ela e para todos os demais participantes

DÍA DE ROSALÍA

26 febreiro 2018


Ao longo da semana pasada, no centro estivemos a traballar a figura dunha gran poetisa da nosa terra. Rosalía de Castro.

Coñecimos a súa biografía, debuxamos o seu retrato imitando os autorretratos de Van Gogh e escribimos neles unha estrofa do seu poema "Un desengaño".


Despois, seguindo a proposta dos Asociación de Escritores en Lingua Galega, penduramos das portas e dos cristales do colexio, a nosas imaxes de Rosalía.


Nós además, gravamos o poema. E que mellor que unha das "nosas" Rosalías para recitalo. Ollade que ben nos quedou.


Feito con CrazyTalk

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

20 febreiro 2018

O pasado 30 de xaneiro, celebramos no colexio o día da Paz. Ao longo da semana anterior, cada clase elaborou conxuntamente ...

- Unha botella cunha mensaxe de paz. Nós aproveitamos que estabamos a estudar a vida de Martin Luther King para escribir entre todos a súa biografía e poñela na nosa botella :


Para iso utilizamos esta plantilla:


- Un peixe grande ou varios pequenos. Nós fixemos este utilizando unha técnica similar ao FOLIO XIRATORIO. Durante dous minutos cada un ía debuxando o peixe e ao remate do tempo, pasábao ao seguinte:


E despois individualmente, cada neno e nena, autorretratouse utilizando para pintar a súa pel "As cores da pel" de Ubuntuland:




Coas botellas, peixes e autorretratos de todas as clases, fixemos un gran mural que titulamos: "UN MAR DE PAZ":


O día 30, sobre as dez e media, deu comezo o tradicional programa de radio sobre a Paz, presentado este ano por Martín e Antía de sexto de primaria. Aquí volo deixamos para que poidades escoitalo:



Mentras escoitábamos o programa, fixemos o Bingo da Paz de Unicef, co fin de atopar que cousas temos en común con quenes nos rodean para darnos así conta de que para construir a paz, temos que centrarnos nas cousas que nos unen, non nas que nos diferencian. Tiñamos que buscar pola clase, compañeiros que tiveran os mesmos gustos que nós, e cando atopabamos un, tiña que asinar nese recadro:


E tamén, esta manualidade relacionada coa paz e con Martin Luther King. Pola parte de diante, coloreamos a Terra, un corazón e tres mans utilizando unha vez máis as "Cores da pel" e pola parte de atrás, escribimos o noso desexo de paz para todo o planeta:



Despois do recreo, xuntámonos todos no patio cuberto para cantar a canción "Apertas que voan" de Paco Nogueiras:




E a continuación, disfrutamos duns estupendos XOGOS COOPERATIVOS organizados pola profe de Educación Física , Bea, e os nenos e nenas de sexto. Pasámolo fenomenal:


Podedes ver máis fotos da celebración, na galería da páxina web do cole:

MARTIN LUTHER KING

18 febreiro 2018


Co gallo do día da Paz, estivemos estudando na  clase a vida dun gran activista pola paz: "Martin Luther King".

Comezamos vendo esta pequena biografía para nenos:



E lendo esta biografía:

http://mayalditostercero2011.wikispaces.com/file/view/Luther%20King.pdf

A continuación, repartímonos o traballo, ilustrámola e gravámola coas nosas voces:
E ao igual que el, nós tamén temos os nosos soños. Así que fixemos un bonito mural utilizando as cartolinas de "AS CORES DA PEL" de Ubuntuland e as nosas manos, e alí pegamos os nosos desexos de paz para o mundo. A imaxe está feita con THINGLINK. Se pasades o rato por cada un dos carteliños,  veredes un video onde cada un de nós vos contamos os nosos soños para todos:


CELEBRAMOS O ENTROIDO

15 febreiro 2018

O pasado venres, celebramos a festa do Entroido no cole. Este ano, como xa vos dixemos, a temática elexida foi seres mitolóxicos galegos por mor do proxecto de GALICIA MÁXICA que estamos a facer todo o centro.

Nós eleximos disfrazarnos de demos. Entre todos fixemos esta pancarta:


 E na clase fixemos os cornos, o rabo, o tridente e coa axuda da profe a túnica:




E así de guapísim@s iamos todos:


 


Na páxina web do colexio podedes ver moitísimas fotos máis deste día:

ORDES DO MECO: Día 4

08 febreiro 2018

E como non, hoxe tamén recibimos a visita do MECO para comprobar se tod@s cumplíramos o seu mandato de vir con algo na cabeza, o pescozo decorado,uns lentes nos ollos e algo que faga ruído.
E nós, como somos moi mandadiños, así o fixemos:




E mañá ...

GRAN FESTA DO ENTROIDO!!!!!

ORDES DO MECO: Día 3

06 febreiro 2018

Por terceiro día consecutivo, recibimos a visita do MECO para comprobar se tod@s cumplíramos o seu mandato de vir con algo na cabeza, o pescozo decorado e uns lentes nos ollos.

Quedou abraiado de ver o ben que iamos:




E este é o mandado para mañá:


ORDES DO MECO: Día 2

Hoxe recibimos a visita do Meco, esta vez en forma de Meiga e do Mago Macín. Ollade que guapísim@s estábamos tod@s coa cabeza e o pescozo decorado:


E para mañá mércores:


ORDES DO MECO: Día 1

05 febreiro 2018


Un ano máis, grazas á ANPA, presentámosvos o Meco deste ano, un fermoso bosque máxico no que colaboraron todos aqueles nenos e nenas que quixeron, e que nos vai acompañar neste Entroido.

O mandado para hoxe era ...


E cando veu o Meco a visitarnos (estabamos en clase de Relixión e de valores) así de guapísim@s nos viu:


E para mañá ...