DEBUXOS CONTRA O CANCRO INFANTIL

27 febreiro 2018


O pasado domingo día 11, o Concello de Neda organizou unha gala benéfica contra o cáncro infantil  baixo o lema "Que a loita vos acompañe, supereroes",  na que se recaudaron máis de 3.500 euros que se destinarán a proxectos de investigación en este campo.


Ese mesmo día, entregáronse os premios do concurso de debuxo no que participaron nenas e nenas do colexio de San Isidro e do noso centro.

Na nosa clase, quixemos participar case todos porque nos dixeron que os nosos debuxos despois de ser expostos na gala, ían ir aos hospitais para os nenos e nenas que están alí internos.









A que son todos moi bonitos, non si? Pois o primeiro de todo que ilustra esta entrada, da nosa compañeira Alba, resultou premiado no concurso. Aquí a temos, posando co seu diploma e o seu agasallo:


A nosa noraboa para ela e para todos os demais participantes

0 comentarios: