0 comments

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO


No centro, estamos a desenvolver un proxecto deportivo de centro, por iso hoxe, os alumnos e alumnas de sexto, fomos ao Pavillón Municipal de As Pontes para xogar ao Cópbol con outros nenos e nenas tamén de sexto, dos colexios  Virxe do Mar, Ponte de Xuvia, Jorge Juan, Santiago Apóstol de Franza, Santa María, A Magdalena e A Fraga, estes tres últimos de As Pontes.
Foi moi divertido!!!!!

1 comments

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS



O venres pasado, os nen@s de sexto, tivemos un pequeno curso de primeiros auxilios e D.E.A. xunto cos nosos compañeiros/as de terceiro de primaria grazas á Asociación de Buceo Medioambiental  "Los Delfines" de Neda coa colaboración do doutor J.R. Couce.

Ao longo de tres sesións, aprendimos RCP (Reanimación Cardio Pulmonar) ,  como usar un desfibrilador semiautomático, que facer en caso de atragantamento, cal é a mellor posición para colocar a un ferido deixando libre as vías aéreas,... Quedounos moi clariño que en caso de urxencia debemos ter en conta estas tres iniciais: P A S:  P de protexer, A de avisar e S de socorrer.

Aquí tedes algunhas imaxes da xornada:

0 comments

25 N : Tod@s contra a Violencia de Xénero


Os nenos e nenas de quinto e sexto do CEIP de Maciñeira estamos en contra da Violencia de Xénero por iso, participamos nunha iniciativa que partiu do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín e dúas mestras do CEIP Manuel Mato Vizoso de Vilalba e o CEIP Santo Estevo de Parga respectivamente.

A iniciativa consistiu en facer un mural co paxariño de twitter e o hastag #EQUALITER poñendo as mans de cada neno/a en contra a violencia de xénero e gravando un video co slogan.

Esta foi a nosa participación individual:


E este é o video final coas aportacións dos 70 colexios participantes:


Para rematar, deixámosvos este precioso video de Rozalen:

0 comments

FACEMOS A MAQUETA DUNHA CÉLULA


No tema 1 de Ciencias Naturais estivemos estudando a organización dos seres vivos e polo tanto a célula. Ademais de utilizar coma sempre os recursos do noso google sites:


Para que nos quedase todo moi clariño, decidimos facer xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de sexto, a maqueta dunha célula utilizando un CD reciclado e seguindo este titorial que atopamos en internet:


Así de ben traballamos:


E así de ben ía quedando as nosas maquetas:


Para finalizar, puxémoslle un número a cada elemento da célula, coloreamos e cubrimos unhas tarxetiñas co número, o nome e a súa función na célula e llas pegamos por detrás ao CD:


0 comments

IMOS AO TEATRO


O martes da semana pasada, os nenos e nenas de quinto e de sexto de primaria, fomos ao Pazo da Cultura de Narón a ver a obra de teatro "CRECER" do grupo asturiano Callejón del Gato.

 

"A historia xira ao redor de Adriana, unha adolescente de 16 anos que un día recibe un sobre cun DVD que lle manda o seu pai biolóxico. A partir de aí, comeza unha emocionante trama que nos fai pensar, rir e medrar".

1 comments

MAGOSTO 2018


Ademais do día do Peón, o pasado venres celebramos o Magosto. Na clase de plástica fixemos uns cestiños aproveitando unhas caixas de plástico que gardamos o ano pasado cando tivemos a semana da froita:









Tamén decoramos a silueta dunha castaña expresando emocións diferentes para adornar o centro:




E por fin chegou a festa onde ademais de degustar ricas castañas, tamén disfrutamos do boísimo pan de Neda con chourizos asados no forno:




Podedes ver máis fotos da festa na páxina web do cole:


1 comments

DÍA DO PEÓN


Hoxe celebramos o día do Peón no cole. Ao longo da semana, nas clases estivemos a decorar uns peóns pequeninos para montar o peón grande que decora a porta do centro e ademais uns peóns de madeira utilizando rotuladores:

PEÓNS DE SEXTO

PEÓNS DE QUINTO

E hoxe pola mañá, fomos por grupos ao patio cuberto  A nós tocounos ir cuarto, quinto e sexto no mesmo grupo. Alí estaban algunhas nais e pais que nos ensinaron como poñer a corda, como agarralo e por suposto como bailalo. A algúns saiunos á primeira, outr@s bailáronos de cú e tamén houbo quen non foi capaz de bailalo pero ... sabedes que? Foi divertidísimo!!!!



0 comments

PROXECTO DE ARTE: LEANDRO LAMAS


Este ano, o proxecto xeral de centro, promovido polos Equipos de Dinamización da Biblioteca e da Lingua Galega, xira en torno ao ARTE.

Hai uns días, chegounos unha nota á nosa clase. Era do Mago Macín, a mascota da nosa biblioteca. Nela, pedíasenos que polo Día da Biblioteca Escolar, escollésemos unha obra de arte e que inventásemos unha poesía relacionada con ela.

Nós, imos traballar o Arte a través da obra de Leandro Lamas, gran pintor de Neda e mestre de debuxo do noso centro.


Así que buscamos varias obras del relacionadas coa lectura, biblioteca, escola,... e votamos. Despois dunha reñidísima votación, a obra gañadora foi:


E xa coa obra elexida, puxémonos a darlle ao miolo para crear poesías e ... este foi o resultado:


(Pasa o rato por enriba dos poemas para velos a maior tamaño)

1 comments

SAMAÍN 2º parte: Decoración e galletas monstruosas


O mércores, xunto cos nosos compañeiros de quinto, fixemos un obradoiro de galletas de Samaín. Mirando pola receita que tiñamos na pizarra dixital, buscamos os ingredientes, pesámolos, fixemos a masa,...




E por suposto, ao final, degustámolas todos xuntos:

Uhmmmm, que ricas!

Faltaba por amosaros como decoramos as nosas ventás con figuras que fixemos con cartolina e papel continuo negro:



E a nosa porta:



Gústavos?

0 comments

SAMAÍN 2018 1ª PARTE


Onte e antonte celebramos o Samaín no colexio. O martes, como todos os anos, tivemos distintas estacións de 20 min cada unha: xogos de lanzamento e habilidade no ximnasio, obradoiro de monstros na clase de inglés, curtos de medo na biblioteca, xogos musicais na clase de música, obradoiro de caroutas na clase de relixión, xogos en informática, percorrido de cabazas no corridor de entrada e por suposto a atracción estrela de todos os anos: a casa do terror preparada unha vez máis pola ANPA.

Pasámolo todos fenomenal. Ollade, ollade:


SAMAÍN 2018 by Slidely Slideshow

Algúns aproveitamos para entrar dúas veces na casa do terror, unha coa nosa profe e outra cos profes Felipe e Carmen, e temos un video que o demostra. Queredes velo?


FOI TERRORÍFICOOOOOOOOO!