MAGOSTO 2018
Ademais do día do Peón, o pasado venres celebramos o Magosto. Na clase de plástica fixemos uns cestiños aproveitando unhas caixas de plástico que gardamos o ano pasado cando tivemos a semana da froita:
Tamén decoramos a silueta dunha castaña expresando emocións diferentes para adornar o centro:
E por fin chegou a festa onde ademais de degustar ricas castañas, tamén disfrutamos do boísimo pan de Neda con chourizos asados no forno:
1 comments:
Como vos puxestes, eh? Vese que foi un gran día!
Biquiños.
(Por fin podo escribir,algo pasaba que non podía deixar comentarios).
Publicar un comentario