DÍA DO LIBRO CON LECTURAS COMPARTIDAS
Rematamos as actividades do mes do libro, facendo "lecturas compartidas" no patio do recreo durante a hora de ler.
A nós, tocounos compartir lecturas cos nosos compañeir@s de cuarto de primaria.
Rematamos as actividades do mes do libro, facendo "lecturas compartidas" no patio do recreo durante a hora de ler.
A nós, tocounos compartir lecturas cos nosos compañeir@s de cuarto de primaria.
Etiquetas CURSO 2025/26, DÍA DO LIBRO
Unha vez máis, visitounos Pablo para seguir a poñer en marcha o horto escolar.
Repartidos en grupos, fixemos as seguintes tarefas:
- Preparar os aspersores, para facilitar o rego dos nosos bancais:
Etiquetas CURSO 2025/26, HORTA ESCOLAR
Hoxe coñecimos en persoa, á escritora Érika Esmorís, cuio libro, "Erín e o lobo" (Premio Merlín, 2025) limos no Club de Lectura. Érika rompeu o xeo cun xogo de verdade ou mentira sobre diversos acontecementos da súa vida. Despois, contounos o proceso de escritura da súa obra e falounos dos personaxes nos que se inspirou, dos valores que quixo transmitir con ela, ... e para rematar, asinounos o seu libro.
Etiquetas ANIMACIÓN LECTORA, CLUB DE LECTURA, CURSO 2025/26, MES DO LIBRO
Sabedes que? Grazas á ANPA, todo o cole, desde Educación Infantil ata 6º de E.P. fomos ao cine a ver a película: SUPER MARIO GALAXY.
Ollade o tráiler oficial da película:
Gustounos un montón!
Etiquetas CINE, CURSO 2025/26
Hoxe, recibimos a visita do escritor e tamén ilustrador, Anxo Fariña, que veu a falarnos do seu libro "A escola robot" de Edicións Xerais. Durante a sesión, Anxo explicounos e amosounos os bocetos iniciais das súas ilustracións para a obra e explicounos en que se inspirou para escribila. Foi unha visita moi entretida e sobre todo moi ilustrativa, que rematou coa ilustración en directo, da nosa compañeira Candela.
Etiquetas ANIMACIÓN LECTORA, CLUB DE LECTURA, CURSO 2025/26, MES DO LIBRO
A técnica de laboratorio no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil da UDC, Paula Romero, veciña de Neda e tres dos seus compañeir@s viñeron ao cole a ensinarnos como é o seu traballo a través de distintos obradoiros:
- ENSAIO DE MATERIAIS: Cunha maqueta que permitiunos facer réplicas do funcionamento da torre de caída para impacto.
Etiquetas CIENCIA, CITEEC, CURSO 2025/26, EXPERIMENTAMOS, OBRADOIROS
| 0 | ||||||||||||||||||||
|
