O SACAÚNTOS

Como xa vos dixemos na entrada anterior, dentro do proxecto: "GALICIA MÁXICA", a nós, tocounos o personaxe do SACAÚNTOS, un personaxe similar ao Home do Saco.

O Sacaúntos, dedícase a sacarlle a graxa aos nenos pequenos ata deixalos nos ósos. Unha vez ten o unto, marcha para o bosque onde o come para volverse forte e vigoroso como os nenos ou véndello ás persoas anciáns para cambiar o seu sangue por outro máis novo.

A segunda petición do Mago Macín para o proxecto, consistiu en debuxar ao Sacaúntos e escribir a nosa adiviña nun gran bocadillo.

Para facer ao Sacaúntos, utilizamos unha vez máis a técnica do FOLIO XIRATORIO, empezou un de nós e cada dous minutos, nos pasabamos o debuxo para continualo. Ollade todo o proceso:


Quedounos xenial. Non credes?


Co bocadillo:



E así de bonito quedou o mural con todos os personaxes.



E o recuncho do proxecto:


btemplates