DÍA DA ÁRBORE
Hoxe, ademais do Día da Poesía, é o día da árbore. A nosa clase, decidiu celebralo día con Cousa de Raíces, unha campaña promovida por unha plataforma de máis de 60 entidades que quere defender a conservación das nosas masas de árbores e o coñecemento sobre a súa necesaria existencia.
Primeiro pensamos uns lemas para a nosa campaña e escribímolos no encerado. Estes son os que nos saíron:
" Non destrúas as árbores: son boas e sen elas non podemos vivir "
" Por que plantar eucaliptos cando podes plantar castiñeiros? Apoia o bosque autóctono "
" Coida as árbores. Déixaas medrar "
" Planta unha árbore, planta vida "
" Recicla papel. Axudarás a moitas árbores "
Despois fixemos tres parellas e un trío para copiar o lema, no cartaz da campaña, xunto co nome do noso centro:
A continuación fomos ao patio e alí sacamos fotos diante das fermosas árbores que temos nel:
3 comments:
Muy buena entrada, Ana. Me encantan las ideas que nos compartes. Muchas gracias, guapa. Un abrazo.
Un trabajo muy completo, os queda genial.
Besos.
Muchas gracias, Isabel y Blanca. Muy buena semana :)
Publicar un comentario