EXPERIMENTANDO COA FLOTABILIDADE E A DENSIDADE


Despois de experimentar coas propiedades xerais da materia, é dicir, coa masa e o volume, chegoulle o turno ás propiedades características e dentro delas, á densidade e á flotabilidade.

Sabemos que un corpo flota se a súa densidade e menor ca a da auga (1g/cm3) e que afonda se a súa densidade é maior. Así que quixemos probar se era verdade.

Primeiro probamos con dous trozos iguais de aluminio. Cun, fixemos unha bóla e co outro un barquiño. Observamos que a bóla de aluminio era algo máis densa que a auga e ainda que non chegaba a afundir totalmente si que quedaba parte dela baixo a auga:


E que o barco de aluminio flotaba porque estaba oco e a densidade do barco completo era menor ca a da auga:


Despois probamos que pasaba cun submarino caseiro que fixemos cunha botella de medio litro de auga. Que como o fixemos? Cunha tesoira fixémoslle dous buratos aos que lles atamos unha cinta con dúas plomadas para que os buratos quedasen sempre para abaixo. Polo lado contrario, fixemos outro burato polo que pasamos un tubo que sellamos con silicona.

Cando metimos a botella na auga, vimos como pouco a pouco se ía afundindo a medida que a auga entraba polos buratos de abaixo:


Unha vez que estaba xa case afundida , un de nós soplou polo tubo de plástico é ... MAXICAMENTE O SUBMARINO VOLTOU Á SUPERFICIE!


CONCLUSIÓN: O submarino (a botella) sempre ten o mesmo volume. Cando está cheo de auga, a súa densidade e maior ca a da auga e afúndese. Cando o submarino se enche de aire, a auga sae, o submarino pesa menos, a súa densidade é menor ca a da auga e polo tanto sobe ata que flota na superficie da auga.

A continuación experimentamos con distintas substancias: mel, deterxente líquido, auga, aceite e alcol.


E puidemos comprobar como se ían colocando as substancias segundo a súa densidade:


(A próxima vez temos que tintar o alcol para que se vexa mellor enriba do aceite)

CONCLUSIÓN: Ordenadas de maior a menor densidade:

MEL > DETERXENTE LÍQUIDO > AUGA > ACEITE > ALCOL

btemplates

1 comments:

Blanca Lafarga dixo...

Un buen experimento para disfrutar los niños.
Feliz día.