UN MAR DE VIDA PARA A CIDADANÍA


O pasado luns, tivemos no cole unha charla do CEIDA (Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia). Esta charla tal e coma nos din na súa páxina oficial : forma parte do programa de educación ambiental "Un mar de vida para a cidadanía. biodiversidade e servizos dos ecosistemas do Golfo Ártabro" dirixido aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria dos centros educativos dos concellos que forman parte do Golfo Ártabro co fin de divulgar a biodiversidade da súa contorna máis próxima.

Comezamos vendo unha presentación e uns videos nos que aprendimos que peixes, mamíferos e aves podemos atopar nos ecosistemas tanto de mar como de río que hai no noso Concello ou preto del. Descubrimos paxaros como a Píllara das dunas, o arao (que parece un pengüín), os corvos mariños, a pardela,...e  mamíferos como o arroaz e o golfiño. Coñecimos a herba de namorar e tamén unhas covas que se chaman furnas e que eran moi bonitas.


A continuación, fixemos un obradoiro que tiña dúas partes:

Na primeira parte, divididos en catro grandes grupos cun gran mapa do Golfo Ártabro e unhas tarxetas. tivemos que colocar todas as tarxetas no lugar axeitado. Segundo o número de tarxetas acertadas, os monitores dábannos unhas tarxetas grandes nas que estaban escritas cousas boas e malas para os ecosistemas.



Na segunda parte, colocando as tarxetas grandes a modo de dominó, dous grupos tivemos que contar unha historia beneficiosa para o medio ambiente e os outros dous, unha historia que tivese consecuencias negativas.


Así nos explica Adrián, a historia do seu grupo:

btemplates