APRENDENERXÍA
Hoxe disfrutamos dun obradoiro virtual de Aprendenerxía de mans da Fundación Repsol: "O reto do mix enerxético de Vilaenerxía". O obradoiro desenvolveuse en tono a un xogo de mesa, no que o taboleiro era unha cidade chamada Vilaenerxía. O obxectivo do xogo era conseguir abastecer esta cidade da enerxía necesaria para funcionar.
O noso educador, Francisco Illanes, dividiu o taller en dúas partes:
1º PARTE:
Ximkana da enerxía con tres probas coas que fomos descubriendo os contidos teóricos: fontes renovables e non renovables, o proceso de obtención do petróleo (localización, extracción, procesado, ... e que o petróleo e de orixe orgánica e natural e coñecer que produtos proveñen de derivados do petróleo a través de diferentes videos e xogos.
- Proba 1: "O TABÚ DA ENERXÍA" Primeiro vimos o video "A enerxía e a súa transformación" e despois cada grupo elixiu un representante para definir en dous minutos unha fonte de enerxía sin utilizar as palabras prohibidas. Os demais tiñan que adiviñar cal era.
- Proba 2: "A VIAXE DO PETRÓLEO". Como na proba anterior, primeiro visionamos un video "A viaxe do petróleo" para coñecer ) e a continuación por equipos ordenaron as dez tarxetas do proceso.
- Proba 3: "DESCUBRE OS PRODUTOS". Comezamos co video "O petróleo está en todo o que nos rodea" e logo cada equipo tiña que identificar nunha fotografía con gomets, todos os elementos que crían que non proviñan de derivados do petróleo.
2º PARTE
O reto do mix enerxético, cada equipo tivo que deseñar un modelo enerxético sostible para abastecer a unha cidade chamada Vilaenerxía e despois presentarlle as súas propostas ao outro equipo.
0 comments:
Publicar un comentario