O luns despois do recreo, visitounos a Pedagoga do Concello de Fene, Mª José, para presentarnos a primeira película do programa Cine e Saúde, que como xa vos contamos en anteriores entradas, é un programa formado por tres películas (unha por trimestre) que combina a proxección de películas nos centros co debate e o traballo arredor do seu contido a través de tres unidades didácticas.
Nesta primeira película "O parque máxico" trabállanse os valores da amizade, a xenerosidade e a valentía. A película ensínanos que non nos debemos deixar vencer polos medos que o importante é nunca darnos por vencido para conseguir os nosos soños.
0 comments:
Publicar un comentario