CHARLA SOBRE AS FRAGAS DO EUME

 Hoxe os nenos e nenas de quinto e sexto de EP tivemos unha charla a cargo de Ángel Prieto que traballa para a asociación CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Esta asociación tal e como eles anuncian na súa páxina, "promove a educación ambiental así como o intercambio científico e cultura, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido".

Ángel, a través dunha pequeña presentación, falounos de xeito sinxelo e ameno das características dun espazo natural protexido que temos preto de nós, "As fragas do Eume" e tamén dalgunhas medidas que podemos tomar nós para preservalo.









A vindeira semana veremos en vivo e en directo moitas das plantas e dos animais que nos amosou Ángel na presentación. Estamos desexando ir.

btemplates